InicioOrientalBarreirosO PP de Barreiros pide o cambio das lámpadas na rotonda entre...

O PP de Barreiros pide o cambio das lámpadas na rotonda entre a N-634 e a N-642

As estradas N-642 e N-634 son dúas das principais arterias da Mariña xa que  ademais de unir esta comarca de Este a Oeste, a N-634 dá acceso a autovía A-8.

Publicada o

- Advertisement -

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Barreiros insisten na necesidade de cambiar as lámpadas da rotonda que une as estradas nacionais 634 e 642 e tamén da rotonda que une o acceso a autovía A-8 coa N-634, ademais da vía que dan acceso á mesma, para “garantir a seguridade viaria”. 

O voceiro popular en Barreiros, José Manuel Gómez Puente, recorda que estes  farois fundíronse en maio do ano pasado mentres que os da rotonda de acceso a  autovía A-8 levan anos así e non se volveron a acender a pesar de que “esta rotonda conecta dúas das estradas máis transitadas da Mariña, polo que é un punto polo que circulan cada día miles de vehículos”. “Ninguén pode entender que non teña iluminación”, sinalou. 

As estradas N-642 e N-634 son dúas das principais arterias da Mariña xa que  ademais de unir esta comarca de Este a Oeste, a N-634 dá acceso a autovía A-8.

José Manuel Gómez Puente afirma que “insistiremos e non pararemos ata a que se acenda de novo a luz neste punto e así dotar de máis seguridade esta conexión entre as dúas estradas nacionais” porque “ninguén no municipio entende que levemos tantos meses co  alumeado apagado, cando se pode solucionar cunha acción tan sinxela como cambiar as lámpadas fundidas”.

ÚLTIMAS

Veciño de viveiro acepta un ano de cárcere por distribuír pornografía infantil

Un veciño de Viveiro aceptou un ano de cárcere por tenencia e distribución de...

Alcoa poderá deixar de ser “empresa en crise” a final de ano

Alcoa manifestou que a finais deste ano, no último trimestre de 2025, "poderá deixar de...

ACISA e Concello de Ribadeo asinan un convenio de colaboración cunha axuda de 20.000 euros

Acisa e Concello de Ribadeo asinaron o convenio de colaboración anual que regula a...

Trabada denuncia o abandono sanitario da Xunta e esixe medidas inmediatas

O Concello de Trabada denuncia a situación tan preocupante que está a sufrir...