InicioOrientalBarreirosCabarcos, Barreiros, celebrará a III Festa do Cocido de Porco Celta

Cabarcos, Barreiros, celebrará a III Festa do Cocido de Porco Celta

A data será o 15 de febreiro

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta colabora coa terceira Festa do Cocido de Porco Celta que se celebrará en Carbarcos, no concello de Barreiros, o próximo sábado 15 de febreiro. O delegado territorial, Javier Arias, participou hoxe na presentación da cita, organizada pola comisión de festas deste núcleo.

A comida servirase baixo unha carpa no campo da festa. O cocido preparado coa carne de Porco Celta estará acompañado de verduras de produtores locais. Tamén haberá postos de venda ao público nos que se ofrecerán alimentos con certificados de calidade presentes na elaboración do menú, como o selo 100% Raza Autóctona Porco Celta; as Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) Grelos de Galicia e Mel de Galicia; as Denominacións de Orixe Protexidas (DOP) de queixos do Cebreiro e Arzúa-Ulloa; así como os viños da DOP Ribeira Sacra.

Arias felicitou aos organizadores pola iniciativa, coa que “fortalecen os lazos veciñais” ao tempo que “axudan a promocionar os produtos de calidade galegos e poñen en valor o comercio de proximidade”.

ÚLTIMAS

Veciño de viveiro acepta un ano de cárcere por distribuír pornografía infantil

Un veciño de Viveiro aceptou un ano de cárcere por tenencia e distribución de...

Alcoa poderá deixar de ser “empresa en crise” a final de ano

Alcoa manifestou que a finais deste ano, no último trimestre de 2025, "poderá deixar de...

ACISA e Concello de Ribadeo asinan un convenio de colaboración cunha axuda de 20.000 euros

Acisa e Concello de Ribadeo asinaron o convenio de colaboración anual que regula a...

Trabada finaliza a mellora de varias estradas municipais en Vilaformán e Sante

O Concello de Trabada vén de rematar os traballos de mellora en varias...