InicioOrientalBarreirosA alcaldesa de Barreiros pide á Xunta atender o sector da faba

A alcaldesa de Barreiros pide á Xunta atender o sector da faba

Ana Ermida, xunto co resto do equipo de goberno, mantivo no día de onte unha xuntanza co SLG e produtores de faba que lle trasladaron a situación do sector e as conclusións acadadas nunha xuntanza do mesmo no mes de decembro

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, vén de dirixirlle unha carta á conselleira de Medio Rural para demandarlle que inicie un diálogo co sector produtor de faba despois da nefasta campaña sofrida no 2024.

Ana Ermida, xunto co resto do equipo de goberno, mantivo no día de onte unha xuntanza co SLG e produtores de faba que lle trasladaron a situación do sector e as conclusións acadadas nunha xuntanza do mesmo no mes de decembro.

A raíz desta xuntanza e ante a inactividade da Xunta, como administración competente na materia, demandaron o apoio do Concello de Barreiros para lograr o inicio dun diálogo que permita adoptar medidas para o mantemento do sector.

Ermida explicou que “tras as perdas sufridas nesta última campaña, que ascenden ao 80%, o sector está nunha situación moi delicada. E este é un sector de suma importancia no territorio e tamén no noso concello, por ser un medio de incorporación de persoas á actividade agraria, un modo de fixar e atraer poboación ao rural e tamén un símbolo social e de identificación de toda a Mariña.”

Neste sentido, a rexedora trasladoulle á conselleira a necesidade e urxente de que desde a Consellería de Medio Rural, á maior brevidade, “se abra un diálogo co sector para tratar, cando menos, dos seguintes temas que nos foron enunciado este pasado martes como o stablecemento dunha axuda directa que permita salvar a campaña ás persoas produtoras”.

Modificación da axuda da PAC nomeadamente na liña “Axuda á produción sostible de proteínas de orixe vexetal” dotándoa de cuantía suficiente. Constitución dun equipo de traballo que estude as afección dos cambios na climatoloxía e os seus efectos na aparición de novas enfermidades.

Ademais, Ermida ofreceu o Concello de Barreiros coa máxima colaboración para “facer posible este diálogo e ofrécese, de ser preciso, para colaborar na organización ou intendencia dos encontros que considere.”

ÚLTIMAS

Ramiro Fernández: “Burela é un punto privilexiado para a observación ornitolóxica”

+ -Por que Burela decidiu apostar por novas vías turísticas na vila como, por exemplo,...

Trabada inicia as obras do circuíto pump track no seu complexo deportivo

O Concello de Trabada vén de iniciar esta semana as obras de construción dun...

O Concello de Foz anuncia aglomerado no vial das Torres esta semana

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que o novo vial das Torres vaise...

‘Os Bolechas no Ribadeo Indiano’ abre a participación dos máis pequenos nesta celebración

Os Bolechas no Ribadeo Indiano é o título do libro presentado esta tarde no...