InicioOrientalBarreirosA Carreira de Reis en Barreiros recadou 600€ para a asociación Saúde...

A Carreira de Reis en Barreiros recadou 600€ para a asociación Saúde Mental A Mariña

A xornada transcorreu cun ambiente de deportividade e solidariedade no centro da vila, ao que se achegaron participantes, acompañantes e veciñanza

Publicada o

- Advertisement -

A Carreira solidaria de Reis, organizada polo Concello de Barreiros, logra recadar 667 euros que serán doados á Asociación Saúde Mental A Mariña coa que o Concello colabora nesta edición do 2025.

A xornada, que tivo lugar o domingo 12 de xaneiro en San Cosme, contou cunha andaina de 9 km na que participaron 87 persoas, e distintas carreiras infantís antes da proba absoluta de 8 km. A elevada participación, 329 inscricións, fixeron que fose a cifra máis alta da historia da carreira.

A xornada transcorreu cun ambiente de deportividade e solidariedade no centro da vila, ao que se achegaron participantes, acompañantes e veciñanza.

O Concello de Barreiros agradece a colaboración a quen, dunha forma ou outra, puxo o gran de area para que este evento deportivo e social puidese levarse a cabo, en especial, a todas as persoas que fixeron doazón no momento da inscrición e ás entidades patrocinadoras e asociacións colaboradoras.

ÚLTIMAS

Antonio Villarino: “Medio Rural mostra falta de interese no sector da Faba de Lourenzá”

-Que dificultades está pasando agora mesmo a Faba de Lourenzá na súa produción? En 2024...

A UNED en Foz abre o período de matrícula para o segundo cuadrimestre

A Aula Universitaria da UNED en Foz anuncia a apertura do prazo de matrícula...

Mondoñedo lamenta o falecemento de Xosé Vizoso

O Concello de Mondoñedo emitiu este domingo unha nota de prensa onde lamenta o...

Cervo celebrará a Festa do Mexillón o sábado 22 de febreiro

O concello de Cervo celebrará o sábado 22 de febreiro a Festa do Mexillón,...