InicioOrientalBarreirosA empresa pública estatal ACUAES permitirá financiar a depuradora de San Miguel...

A empresa pública estatal ACUAES permitirá financiar a depuradora de San Miguel en Barreiros

A alcaldesa, Ana Ermida, amosou a súa “satisfacción e unha alegría inmensa por comezar a ver unha luz nun asunto que parecía encallado e condenado a non solucionarse, se non se avanzaba na aportación da Xunta de Galicia.”

Publicada o

- Advertisement -

A Secretaría de Estado de Medio Ambiente, dirixida por Hugo Morán, comprometeu onte o inicio das actuacións para que a empresa pública estatal ACUAES poida financiar e executar a construción da EDAR en San Miguel.

Na reunión mantida no Ministerio para a Transición Ecolóxica pola alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida -acompañada da segunda tenente de alcaldesa, Carmen Veiga, e o concelleiro de Medio Ambiente, Dámaso Ratoeira,- co Secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, e a Directora Xeral da Auga, María Dolores Pascual Vallés, trasladouse a posibilidade de iniciar esa vía ante o desentendemento da Xunta de Galicia.

A alcaldesa amosou a súa “satisfacción e unha alegría inmensa por comezar a ver unha luz nun asunto que parecía encallado e condenado a non solucionarse, se non se avanzaba na aportación da Xunta de Galicia.”

Ana Ermida agradeceu “a receptividade e a empatía amosada polo departamento ministerial e, en concreto, polo Secretario de Estado e a Directora Xeral da Auga; que abren a vía a contar cunha nova EDAR que poida dar solución a unha problemática existente en Barreiros desde hai décadas e que ninguén parecía abordar con seriedade.”

A rexedora lembrou que desde este goberno municipal levan cinco anos xestionando esta cuestión e trasladando a todas as instancias a situación, a fin de chegar a un punto que permita facer realidade unha das obras máis necesarias no municipio, que afecta ao saneamento das parroquias de San Miguel e Reinante. “Hai que ir paso a paso. E o primeiro será a visita do persoal técnico de ACUAES para coñecer a situación e o terreo e facer as previsións técnicas e económicas para desenvolver o proxecto.”

Ermida cre que é o “primeiro paso que nos pode levar a unha solución definitiva” e traslada que continuarán buscando financiación por todas as vías para tratar de reducir ao máximo a aportación que teña que facerse por vía municipal. Neste sentido, avanza que “unha vez que se teñan feitos os primeiros cálculos de actualizacións e de proxecto, continuaremos coas xestións con outras administracións para a aportación de fondos e constatar o compromiso real con Barreiros e a súa veciñanza.”

ÚLTIMAS

Detido en Ribadeo o presunto autor dun roubo con forza na casa dun familiar

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Ribadeo un veciño de Trabada, de...

A Carreira de Reis en Barreiros recadou 600€ para a asociación Saúde Mental A Mariña

A Carreira solidaria de Reis, organizada polo Concello de Barreiros, logra recadar 667 euros...

Balance positivo de ACISA da XIV Festa do Comercio en Ribadeo

Acisa fai un balance moi positivo da XIV Festa do Comercio, que reuniu o...

O 2 de marzo partirá de Ribadeo a IV Edición da Peregrinación ‘O Camiño do Mar Concello a Concello’

O vindeiro 2 de marzo partirá de Ribadeo a cuarta edición da peregrinación O...