InicioOrientalBarreirosBarreiros mellorará as prazas de aparcadoiro de Santiago de Reinante

Barreiros mellorará as prazas de aparcadoiro de Santiago de Reinante

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros vén de asinar coa área de Rural da Vicepresidencia da Deputación un convenio para mellorar as prazas de Santiago de Reinante e a do Souto, en San Miguel. Proseguen así os traballos de adecentamento e mellora dos núcleos rurais, nos que o Concello leva traballando nos últimos anos; como a creación do novo parque infantil e zona de ocio en San Cosme, ou as áreas de descanso en Vilamartín Grande e Vilamartín Pequeno.

A alcaldesa, Ana Ermida, explica que se trata de “prazas moi importantes na vida e na historia de ambas parroquias e que ademais, teñen un importante valor patrimonial e arquitectónico, ao inserirse en espazos cunha elevada presenza de edificios tipo indiano.”

Ermida amosouse especialmente “contenta e orgullosa” de poder levar a cabo estas actuacións nestes lugares “xa que son espazos moi simbólicos e importantes para todas as veciñas e veciños destas parroquias e tamén de todo o Concello.” “Facíanse bailes, feiras, xogos populares, eran espazos de recreo para as nenas e nenos… e queremos recuperar esas vivencias”, continúa. “Por iso tamén queremos poñelas en valor na historia do concello e colocaremos paneis con fotografías que amosen a evolución destes espazos sociais.” Neste sentido, a rexedora traslada que se alguén ten fotografías antigas das prazas ou arredores, agradecen que llelas fagan chegar para poder contar coa maior variedade posible.

Por estas razóns, a rexedora explicou que “despois de tempo buscando a financiación que nos permitise actuar nestes espazos, logramos que a área de Rural da Deputación destine máis de 37.000€ cos que afrontar os investimentos necesarios.”

As actuacións, ademais das relativas ás fotografías consistirán no pintado das zonas existentes en ambas prazas, a renovación de elementos de seguridade como a rede de protección en Reinante ou os bolardos na zona do Souto, a renovación de canastras en Reinante e a mellora dos farois existentes no Souto.

Ana Ermida sinala que os traballos se realizarán no vindeiro ano, en función da meteoroloxía.”

ÚLTIMAS

Sargadelos nega responsabilidade nos casos de silicosis e eleva o pulso coa Inspección de Traballo

Sargadelos afirma que "non é certo, nin está comprobado, que os dous casos detectados...

Viveiro convocará un pleno extraordinario para aprobar os Orzamentos 2026

O Concello de Viveiro convocará antes do 31 de decembro un pleno extraordinario para...

A promoción de mercados e o turismo sostible marcan o ano máis dinámico na Mariña

Remata un ano frutífero para o turismo da Mariña. Ao abeiro do Plan de...

‘Vila Nadal’ en Mondoñedo para todos os públicos

O Concello de Mondoñedo presentou hoxe Vila Nadal Mondoñedo, un espazo de lecer pensado para todos os...