InicioOrientalBarreirosBarreiros asina coa AECC un convenio para designar espazos sen fume

Barreiros asina coa AECC un convenio para designar espazos sen fume

A alcaldesa, Ana Ermida, sinala a “importancia deste tipo de accións que pretenden a concienciación veciñal e a educación en saúde, poñendo o foco no consumo de tabaco, que segue a ser unha das principais causas de numerosos tipos de cancro.”

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros e a Asociación Española Contra o Cancro asinaron na mañá de hoxe un convenio de colaboración para designar varios espazos públicos sen fume dentro de Barreiros.

A alcaldesa, Ana Ermida, asinou coa presidenta da Xunta Provincial de Lugo, María Luz Abella un documento no que designan como espazos libres de fume o exterior do pavillón municipal, a pista de skate, os arredores do parque de San Miguel (onde a pista de pádel) e dúas marquesiñas da N634 en San Cosme.

A alcaldesa sinala a “importancia deste tipo de accións que pretenden a concienciación veciñal e a educación en saúde, poñendo o foco no consumo de tabaco, que segue a ser unha das principais causas de numerosos tipos de cancro.”

“Os espazos escollidos son de uso habitual por persoas mozas e nenas e nenos, co que se pretende educar desde as primeiras idades. Son ademais espazos relacionados con usos deportivos ou de ocio, que fomentan un estilo de vida saudable e que debe ser incompatible co consumo de tabaco”, explicou.

Ana Ermida agradeceu o traballo de colaboración co Concello á Asociación, permitindo desenvolver accións de apoio e formación a persoas enfermas e familiares.

Nas vindeiras semanas, realizarase a sinalización dos espazos e levaranse a cabo campañas divulgativas.

No acto tamén participaron a concelleira de Servizos Sociais, Carmen Veiga, e a de Saúde Pública, Montse Porteiro.

ÚLTIMAS

Restablecida a circulación da FEVE Ribadeo-Ferrol tras caer unha árbore na liña

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) informou de que a circulación da liña de...

Recorren o arquivo do caso da Maruxaina

A asociación Mulleres en Igualdade, Bumei, recorreu a decisión do Tribunal de Instancia de...

A Asociación de Comerciantes da Pontenova intégrase na FCAM

A Asociación de Comerciantes da Pontenova acaba de integrarse na FCAM. Desde a Federación...