Unha persoa resultou ferida na tarde deste luns tras tratar de acender unha cheminea con alcol na localidade lucense de Barreiros.
Segundo informa o 112 Galicia, os feitos ocorreron pouco antes das 19.30 horas e foi o propio persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 o que alertou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias.
Así, indicaban que unha persoa sufrira varias queimaduras ao tratar de acender con alcol a cheminea da súa vivenda, situada no lugar das Eiras, en San Cosme.
Por iso, solicitouse a intervención da Garda Civil e de Protección Civil de Barreiros, que confirmaron que a persoa ferida foi trasladada consciente ao hospital de referencia.