InicioOrientalBarreirosBarreiros organiza actividades para conmemorar o 25N

Barreiros organiza actividades para conmemorar o 25N

Publicada o

- Advertisement -

Achégase o Día internacional da eliminación da violencia contra a muller e desde o Concello de Barreiros programan unha serie de actividades e actos para conmemorar este día convidando a toda a veciñanza a participar.

Domingo, 24 de novembro ás 18:00 horas.

No centro sociocultural de San Cosme

Proxección do documental “En deuda con todas. A loita pola despenalización do aborto no Salvador. O dereito a decidir sobre os nosos corpos. Cuestión de xustiza”.

Logo da proxección, seguirase cun espazo de reflexión para coñecer as distintas realidades e contextos sobre os dereitos sexuais e reprodutivos, particularmente de persoas integrantes dalgún colectivo, organización ou movemento de mulleres, feminista e LGBTIQ+.

Inauguración da exposición

Esa mesma tarde, no centro sociocultural, inaugurarase a exposición fotográfica “Elas deciden: mulleres do mar de El Salvador e Galicia tecendo redes”. Esta mostra visibiliza o papel das mulleres na pesca artesanal en Galicia e El Salvador, destacando a súa capacidade de iniciativa e participación nun sector que, tradicionalmente é masculinizado e con sesgos de xénero en canto ao repartimento de tarefas.

A concelleira de igualdade, Montse Porteiro sinala que: “quixemos contar en Barreiros con esta exposición que, aínda que Barreiros non ten porto pesqueiro, si ten unha longa tradición no marisqueo polo que nos gustaría poñer en valor e recoñecer o labor das mariscadoras. Con esta exposición queremos renderlles homenaxe a todas as mulleres que desenvolveron e desenvolven esta dura profesión”.

Luns, 25N: Terá lugar a lectura do manifesto 25N ás 12 na Praza do Concello ao que animan a participar a toda a veciñanza.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...