InicioOrientalBarreirosBarreiros bota a andar unha app turística

Barreiros bota a andar unha app turística

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros presentou hoxe unha nova ferramenta dixital en materia turística que pon a disposición do público en xeral coa intención de modernizar a información do municipio.

A alcaldesa, Ana Ermida, explicou durante o acto de presentación que se trata “dunha ferramenta áxil, moderna e actual que pretende agrupar toda a información de interese do concello dun xeito que é o máis habitual e cómodo para a poboación.”

A rexedora insistiu tamén en que a APP pretende ser un instrumento bidireccional, que serva ás persoas visitantes e ao sector, pero tamén coa que o Concello poida recibir información que axude a mellorar a promoción e a imaxe de Barreiros.

No acto participaron arredor dunha trintena de persoas vinculadas ao sector turístico e servizos, que valoraron positivamente este paso e intercambiaron opinións e experiencias coas que mellorar o funcionamento.

Ermida agradeceu a participación de todo o sector e as achegas realizadas e matizou que “esta APP pretende ser un instrumento vivo e dinámico no que cada unha de nós podemos aportar para mellorala e lograr que teña a chegada que pretendemos.” Neste sentido, sinalou tamén a escolla do mes de novembro para botala a anda e testala, de xeito que poida estar a pleno rendemento nos momentos de maior chegada de visitantes.

A APP foi desenvolvida pola axencia de publicidade mariñá DonaPubli, cunha experiencia de máis de vinte anos en traballos con institucións e empresas, especialmente da Mariña e o Occidente asturiano. O proxecto obtivo o financiamento no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea NextGenerationEU, a través da convocatoria para o ano 2024 da Axencia de Turismo de Galicia.

ÚLTIMAS

Ramiro Fernández: “Burela é un punto privilexiado para a observación ornitolóxica”

+ -Por que Burela decidiu apostar por novas vías turísticas na vila como, por exemplo,...

Trabada inicia as obras do circuíto pump track no seu complexo deportivo

O Concello de Trabada vén de iniciar esta semana as obras de construción dun...

O Concello de Foz anuncia aglomerado no vial das Torres esta semana

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que o novo vial das Torres vaise...

‘Os Bolechas no Ribadeo Indiano’ abre a participación dos máis pequenos nesta celebración

Os Bolechas no Ribadeo Indiano é o título do libro presentado esta tarde no...