InicioOrientalBarreirosBarreiros presentará a súa nova APP turística o xoves 21 de novembro

Barreiros presentará a súa nova APP turística o xoves 21 de novembro

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros organiza para este xoves, 21 de novembro, ás 11:00 horas, a presentación da súa nova APP turística. O evento terá lugar nas escolas de San Cosme e está dirixido a todas as persoas interesadas, con especial atención ao sector servizos e á hostalaría.

Esta aplicación, deseñada para ofrecer unha experiencia única, permitirá acceder a toda a información turística do municipio dunha maneira máis práctica e accesible. Entre os seus recursos pódense atopar:

  • Os principais lugares de interese.
  • A información sobre as praias.
  • Un directorio de establecementos hostaleiros.
  • Rutas de sendeirismo
  • Guías para desfrutar de Barreiros en 1, 2 ou 3 días.
  • Outros recursos para descubrir os encantos de Barreiros.

Esta iniciativa busca modernizar a promoción turística e facilitar o acceso á información, reforzando a aposta do Concello por posicionarse como un destino atractivo e accesible para todos os públicos mellorando a experiencia das persoas visitantes e poñendo en valor os recursos do municipio.

A aplicación xa está dispoñible para descargar en sistemas Android e iOS.

Android: https://play.google.com/store/apps/details?id=org.barreiros.app

iOS: https://apps.apple.com/es/app/barreiros-app/id6670489033

ÚLTIMAS

O comité de Alcoa estuda demandar á empresa por incumprimento do plan de arranque

O pleno do comité de empresa de Alcoa en Cervo acordou que as súas...

Nova protesta no Hospital de Burela: “a represion non calará as protestas”

Este mércores, traballadoras da sanidade e usuarios volveron mobilizarse no Hospital da Mariña logo...

O Resurrection Fest desmárcase do fondo KKR, con intereses pro Israel e dono da empresa organizadora

O Resurrection Fest publicou un comunicado este martes no que se desvincula totalmente do fondo estadounidense...

Ribadeo aprobará o expediente de expropiación para o novo centro de saúde

Ribadeo aprobará hoxe definitivamente o expediente de expropiación de terreos para a construción do...