InicioOrientalBarreirosUnha muller que alugou un piso en Barreiros xulgada por estafa a...

Unha muller que alugou un piso en Barreiros xulgada por estafa a un discapacitado

Publicada o

- Advertisement -

A Audiencia de Lugo xulgará o vindeiro xoves a unha muller acusada de estafar a un discapacitado ao que fixo crer que era a súa parella sentimental, logrando que subscribise préstamos ao seu nome e contratase cartóns por valor de 45.000 euros.

En concreto, segundo o escrito de acusación fiscal, a muller, valéndose da relación de amizade e confianza que el puxera nela, durante os anos 2017 e 2018, convenceuno para que contratase varios préstamos ao seu nome cuxas cantidades eran para a acusada.

Fíxoo dado que ela non tiña acceso a liñas de crédito por estar incluída en ficheiros de morosos. Facéndolle crer tamén que eran parella sentimental, conseguiu que o home alugase un piso na localidade lucense de Barreiros no que residían os dous, e entregoulle cantidades de diñeiro en metálico baixo a promesa de que llos devolvería. En total, o escrito cifra en 45.000 euros o prexuízo económico para o home.

O Ministerio Público considera os feitos constitutivos dun delito continuado de estafa e pide para a muller catro anos de prisión e unha multa de 6.000 euros.

ÚLTIMAS

O Parlamento aproba accións legais se se incumpre o acordo de Alcoa e unha intervención pública, de ser necesaria

A Cámara galega aprobou unha iniciativa cunha batería de cuestións relacionadas coa planta de Alcoa en...

O alcalde de Ribadeo agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de Vilela

O alcalde, Dani Vega, agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de...

O PP de Trabada e o da Deputación destacan ter o compromiso para arranxar a estrada LU-P-6101

O voceiro do PP de Trabada, José María Fernández, explica que “grazas ao traballo”...

O X Festival de Jazz e Blues de Ribadeo finaliza esta fin de semana

A décima edición do Festival de Jazz e Blues de Ribadeo rematará esta fin...