InicioOrientalBarreirosMáis de 200 persoas na Carreira Popular ao Son do Masma en...

Máis de 200 persoas na Carreira Popular ao Son do Masma en Barreiros

O Circuíto de Carreiras Populares de Barreiros é un evento anual organizado polo Concello de Barreiros dende a súa área de Dinamización e Participación Veciñal que recibe o nome de “Circuíto +KmsBarreiros” e que vai xa pola súa terceira edición

Publicada o

- Advertisement -

Máis de 200 persoas xa están inscritas na sexta edición da carreira popular Ao Son do Masma, última proba das 6 que compoñen o circuíto de carreiras populares +KmsBarreiros e que terá lugar este domingo, 10 de novembro desde as 10:30 horas nas escolas de Celeiro de Mariñaos.

O prazo de inscrición estará aberto ata este xoves 7 de novembro e farase a través da web oficial do circuíto www.maiskmsbarreiros.gal. A proba conta con categoría adulta (salmóns), sub-16 (sollas), sub-14 (lampreas), sub-12 (anguías), sub-10 (reos), sub-8 (troitas) e pitu@s (troitiñas). Todas as categorías de menores son con inscrición gratuíta.

A saída da andaina, que terá un percorrido de 9 km, será ás 10:30 horas, logo, a partir das 11:00 h. terán lugar as probas infantís e xa, ás 12:00 h. darase a saída da proba absoluta. Os dorsais de todas as probas poderán ser recollidos a partir das 10:00 horas nas escolas de Celeiro de Mariñaos.

Circuíto +KmsBarreiros

O Circuíto de Carreiras Populares de Barreiros é un evento anual organizado polo Concello de Barreiros dende a súa área de Dinamización e Participación Veciñal que recibe o nome de “Circuíto +KmsBarreiros” e que vai xa pola súa terceira edición.

Neste circuíto enmarcase as 6 carreiras populares que se celebran en Barreiros: a carreira solidaria de Reis (xaneiro), a carreira popular Das Praias (abril), a subida ½Km Vertical (xullo), a carreira popular Benquerencia Terra Mar (agosto), o trail Monte Comado (outubro) e a carreira Ao Son do Masma (novembro).

O concelleiro de dinamización, Dani García apunta que: “Á falta de disputarse a última proba deste circuíto que terá lugar o domingo en Celeiro, a clasificación está moi aberta na maioría de categorías polo que agardamos unhas carreiras moi interesantes”. O concelleiro subliña que “á marxe das clasificacións e os premios finais, o circuíto o que busca e fomentar a práctica deportiva á vez que se organizan eventos de ocio que atraen un turismo natural e desestacionalizado que descubre as bondades do noso territorio tan rico de recursos naturais”.

García agradece ás asociacións organizadoras das probas, A.D. Praias de Comado, A.D. Augas Santas e C.C. Ollomao o seu compromiso e traballo para levar a cabo estas carreiras populares así como aos establecementos colaboradores e os voluntarios de Protección Civil de Barreiros. “Sen o apoio de todas estas persoas que xeran unha rede asociativa sería moi difícil levar a cabo un circuíto destas características e máis convertelo nun referente na comarca como está a ser o +KmsBarreiros polo que quero agradecer publicamente a súa gran labor”.

ÚLTIMAS

Desconto do 80% na factura da luz para 500 familias que viven arredor do parque eólico de Mondigo

Unhas 500 familias nun radio de dous quilómetros ao redor do parque eólico de...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...