InicioOrientalBarreirosPromoción de produtos de calidade elaborados en Barreiros

Promoción de produtos de calidade elaborados en Barreiros

A alcaldesa, Ana Ermida, quixo destacar a importancia de utilizar as administracións como palancas para impulsar e apoiar iniciativas de calidade e proximidade. “Con esa intención naceron no seu momento os mercadiños organizados por este Concello, desde a área de Dinamización, e nese obxectivo de poñer en valor a produción e o traballo das nosas veciñas e veciños"

Publicada o

- Advertisement -

O concello de Barreiros foi escenario da presentación conxunta dos produtos que veciñanza e visitantes poderán degustar o vindeiro domingo no marco do Mercadiño de Outono que se celebrará na Praza do Concello.

A alcaldesa, Ana Ermida, quixo destacar a importancia de utilizar as administracións como palancas para impulsar e apoiar iniciativas de calidade e proximidade. “Con esa intención naceron no seu momento os mercadiños organizados por este Concello, desde a área de Dinamización, e nese obxectivo de poñer en valor a produción e o traballo das nosas veciñas e veciños, seguimos traendo produtos de calidade e proximidade en cada mercado.”

“Queremos amosarlle ao mundo o potencial da nosa terra e apostamos por ofrecer un escaparate aos produtos de proximidade. Ademais, nesta ocasión, teremos a oportunidade de coñecer novos produtos como croquetas, empanadiñas e mesmo cervexas recén saídas das liñas de produción.”

A Asociación de Criadores de Raza Porcina Celta, representados por Nando López, e a Cervexería Artesá Augas Santas, producida no San Xusto natal de Marcos Martínez, xuntarán sinerxias e sabores o vindeiro domingo para poñer a disposición das persoas que visiten o mercadiño de outono produtos fabricados no propio concello con materia prima tamén barreirense.

Ana Ermida sinala o valor de “produtos que teñen o ciclo completo na nosa comarca e no noso concello: desde a produción de carne de porco celta, como a da explotación de Nando ou mesmo as do noso concello, como en Cabarcos, ata o seu procesamento para convertela en croquetas ou empanadiñas no polígono industrial de aquí. E o mesmo acontece coa cervexa, que utiliza na súa base auga do Santo Estevo e realiza o seu procesado nas instalacións situadas en San Xusto.”

A rexedora agradeceu a colaboración da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a súa aposta por Barreiros, aposta que comparte con estes produtores dos que valorou o seu traballo como “a mellor carta de presentación que podemos ter para o noso concello, onde o traballo das súas xentes sempre foi un símbolo do que nos sentimos moi orgullosas. E máis cando se trata de xente nova que aposta por implantar proxectos de futuro no seu propio concello”, asegurou.

ÚLTIMAS

Alcoa di que achegará 120 millóns mentres o persoal pide seguridade nos postos de traballo

O comité de Alcoa San Cibrao informa de que a compañía lles trasladou que...

Foz elixe esta fin de semana o rei ou raíña do Entroido

Esta fin de semana o concello de Foz está cargado de actividade, con teatro...

As Festas de San Roque xa teñen comisión

O Concello de Viveiro celebra que unha comisión se encargue da organización das festas...

A Biblioteca Viejo Pancho de Ribadeo galardoada no concurso María Moliner

A Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, resultou galardoada no Concurso de Proxectos...