InicioOrientalBarreirosBarreiros acollerá a entrega dos primeiros premios Bítere este venres

Barreiros acollerá a entrega dos primeiros premios Bítere este venres

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros acollerá este venres, 27 de setembro, a entrega dos primeiros premios Bítere de Honra Aurora Sampedro. Será ás cinco da tarde nas antigas escolas do Canteiro.

Manuel Rivero, autor do libro Universo Aurora e estudoso deste científica e divulgadora barreirense, explica que “os Bítere dánselle a unha persoa que destaque no mundo da ciencia, da cultura ou da comunicación. Neste caso, unha persoa que visibilize o que foi a muller no campo da ciencia. Por iso este ano vai a catedrática de matemáticas da Universidade do País Vasco Marta Macho-Stadler. Quizais sexa a figura mais significativa para visibilizar á muller, para relembrar á muller no mundo da ciencia, a través do se blog Mujeres con ciencia. Con frecuencia Marta cita á escritora Marion Carre por cada científica que olvidamos, hay centenares que no nacen. E o caso da Aurora Sampedro era un caso moi similar. Aurora, fai un ano e pico era totalmente esquecida e hoxe afortunadamente xa está tendo o seu lugar no mundo da ciencia”.

Rivero conta que “tamén se lle da un Bítere de Honra In Memoriam por ser unha persoa significativa na comunidade co que lembramos a María Antonia González Abraído, que foi unha muller adiantada ao seu tempo, foi funcionaria de Extensión Agraria, que desempeñou o seu labor pola Terra Chá, en Guitiriz e Begonte. E o Bítere Institucional, neste caso dámosllo ao IES Lucus Augusti, que foi o instituto onde Aurora cursou o seu bacharelato por libre”.

E engade: “ao finalizar este acto de entrega iremos ao cemiterio e poremos un ramo de rosas a Aurora Sampedro e a María Antonia González, porque dáse a casualidade que están as dúas enterradas no mesmo campo santo”.

ÚLTIMAS

O comité de Alcoa pide de novo a convocatoria da mesa de seguimento

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao pediu por segunda vez unha...

Terceira limpeza nas parroquias de Ribadeo

Ribadeo aposta polas parroquias e acomete nelas a terceira limpeza. O alcalde, Dani Vega,...

Viveiro envía máis de 3.000 notificacións para garantir a prevención de incendios nas parcelas

Co obxectivo de conservar o solo e a biomasa vexetal nunhas condicións que permitan...

Inauguración e peche da primeira etapa da 12ª Marcha Ciclista Unificada

A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas e Alcaldesa de Burela,...