InicioOrientalBarreirosBarreiros pecha Vacacións en Paz coa despedida ao neno saharaui acollido por...

Barreiros pecha Vacacións en Paz coa despedida ao neno saharaui acollido por unha familia local

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros despediu na mañá deste martes o neno saharauí que grazas  ao programa Vacacións en Paz desfrutou de dous meses no concello acollido por unha familia da localidade. No acto de hoxe celebrado no salón de plenos, a concelleira de Servizos Sociais Carmen Veiga fíxolle  entrega de varios agasallos. Asistiron tamén, ademais da familia acolledora, a concelleira de Educación, Montse Porteiro, e o Alcalde accidental, Antonio Veiga Outeiro.

Grazas ao programa Vacacións en Paz desenvolvido pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) desde mediados dos anos 90, este ano 288 nenas e nenos viñeron a Galicia, procedentes dos campamentos de refuxiados de Tinduf (Alxeria). O concello de Barreiros, acolledor e solidario, vén colaborando con este colectivo desde hai varios anos para facilitar a estancia na localidade coas familias que se ofrecen  a recibir a estas nenas e nenos que sofren unha  situación tan inxusta como é esta á que está sometida o pobo saharauí desde hai máis de 40 anos.

ÚLTIMAS

UGT reclama ao Goberno medios para manter a produción de Alcoa

O secretario xeral da federación de Industria de UGT, Mariano Hoya, lembrou que a...

Roi Fernández, Vendaval Fest: “O festival nace para ver música rock en directo, algo que estrañabamos”

-Quen está detrás do Vendaval Fest e cal foi a idea que deu pe...

O BNG reclama ao Goberno “urxentemente” para garantir o futuro de Alcoa

O BNG reclamará ao Goberno central "actuacións urxentes" para "garantir" a continuidade da actividade...

Mondoñedo acolle este martes o Correlingua 2025

A vila de Mondoñedo será este martes, 20 de maio, escenario dunha nova parada do Correlingua...