InicioOrientalBarreirosO PP de Barreiros esixe nunha nota ao Concello e ao Estado...

O PP de Barreiros esixe nunha nota ao Concello e ao Estado solucionar o problema de accesibilidade ás praias

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular esixe ao Concello de Barreiros e á Demarcación de Costas do Estado que adopten de inmediato as medidas necesarias para solucionar o graves problemas existentes nos accesos á praia de San Bartolo. Así, os populares farán unha fronte común desde o Grupo Municipal no Concello de Barreiros e os Grupos Parlamentarios no Parlamento de Galicia e no Senado, co obxectivo de que todo volva á normalidade neste emblemático areal.


Un dos problemas existentes é a presenza dun foso aberto que ten, aproximadamente, 3 metros de boca e 10-15 metros de profundidade o cal está situado ao carón do paseo que discorre ao longo da praia. Polo tanto, “o perigo que aí existe é obvio e o único que hai son unhas vallas de “xoguete” polo que solicitamos que o goberno municipal do BNG, apoiado polo PSOE, corrixa de maneira urxente o perigo que existe neste momento con este foso”, sinalan os populares.


A principios do mes de xaneiro do ano 2021 produciuse un desprendemento de rocas de gran tamaño sobre a escalinata de acceso occidental da praia de San Bartolo.
Neste senso, e ante as continuas declaracións da alcaldesa de Barreiros de que está en contacto con Costas do Estado e visto que, ante a inacción da administración estatal e municipal, estamos ante o cuarto verán cos accesos á praia pechados, os populares pregúntanse cales son os resultados das negociacións do goberno nacionalista de Barreiros co Goberno de España e consideran que en catro anos tanto o Goberno como o Concello de Barreiros tiveron tempo suficiente para retirar as rochas do derrubamento, reparar o cantil e impulsar as actuacións necesarias para evitar futuros danos.


Polo tanto, o Partido Popular reclama á administración estatal e municipal que se tomen en serio esta situación e que se acometan con urxencia os traballos que sexan necesarios para que a praia de San Bartolo se volva a abrir para que os veciños de Barreiros e os visitantes poidan gozar dela.

ÚLTIMAS

Rueda acusa a Pontón de criminalizar a Alfonso Villares: “Mandou a tomar vento a súa presunción de inocencia”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reprochou á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,...

Un incendio no Vicedo deixa inhabilitado o Punto de Atención á Infancia

O Punto de Atención á Infancia do municipio do Vicedo sufriu un incendio na...

Viveiro inviste case 500.000 euros nun proxecto para obradoiros de emprego

O Concello de Viveiro vén de obter unha subvención de 454.552 euros para a...

A curtametraxe feita no obradoiro de cinema con Manolo Gómez estearase o sábado 25

O Teatro Pastor Díaz será escenario este sábado, ás 19.30 horas, da estrea da...