InicioOrientalBarreirosComeza en Barreiros o campamento dixital para a rapazada

Comeza en Barreiros o campamento dixital para a rapazada

Publicada o

- Advertisement -

Hoxe deu comezo o Campamento dixital organizado polo Concello de Barreiros en colaboración coa Fundación CiberVoluntarios dirixido a rapazas e rapaces de 13 a 17 anos. Este programa, que ten como obxectivo impulsar a inclusión e a transformación dixital, contará coa participación de 15 mozas e mozos.


Os concelleiros Montse Porteiro e Antonio Veiga déronlle a benvida ao alumnado, destacando a importancia desta formación para o desenvolvemento de competencias dixitais e para promover un uso responsable e consciente de Internet e das redes sociais.


Durante 30 horas de formación, que se impartirán de luns a venres en horario de 11:00 a 13:00 horas na aula CeMIT de Barreiros, a rapazada embarcarase nunha aventura interactiva na que deberán completar etapas e cumprir misións para acadar logros.


A formación, que rematará o 16 de agosto, permitiralles aprender a protexer a súa identidade dixital e adquirir novas competencias recollidas no Marco europeo de competencias dixitais DIGCOMP.


O Concello de Barreiros reafirma así o seu compromiso coa educación e a inclusión dixital, proporcionando ás mozas e mozos as ferramentas necesarias para navegar con seguridade aproveitando o mundo dixital actual.

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...