InicioOrientalBarreirosRescatan un pescador en Barreiros que caeu nunhas rochas

Rescatan un pescador en Barreiros que caeu nunhas rochas

Publicada o

- Advertisement -

O equipo de emerxencias do helicóptero Pesca II do Servizo de Gardacostas de Galicia rescatou este domingo a un pescador que sufriu unha caída nunhas rocas no municipio lucense de Barreiros. Segundo informou o 112 Galicia, un particular que se atopaba pescando con el foi quen alertou á central de emerxencias pouco antes das 11.30 horas.

Ao parecer, o home caera á auga nunha zona de rocas en San Pedro de Benquerencia, preto das praias de Arealonga e de As Pasadas, e estaba ferido nunha perna. No momento da chamada conseguira agarrarse e subir a unha pedra. Con esta información, o 112 solicitou a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, da Garda Civil, dos Bombeiros de Viveiro, do GES de Cervo e dos voluntarios de Protección Civil de Barreiros.

Así, desprazouse ata o lugar o helicóptero de rescate Pesca II, do Servizo de Gardacostas de Galicia. Unha vez efectuado o rescate, os medios en terra evacuaron ao ferido ao Hospital de Burela.

ÚLTIMAS

Cristina Lagares, libraría Bahía: “Quero continuar co modelo de traballo da libraría porque sempre funcionou ben”

Cristina Lagares, -Por que te decidiches a embarcarte nesta aventura da Libraría Bahía? Antes disto...

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...