InicioOrientalBarreirosRescatado un pescador que sufriu unha caída nunhas rocas en Barreiros

Rescatado un pescador que sufriu unha caída nunhas rocas en Barreiros

Un particular que se atopaba pescando con el foi quen alertou antes das 11.30 horas

Publicada o

- Advertisement -

O equipo de emerxencias do helicóptero Pesca II do Servizo de Gardacostas de Galicia rescatou este domingo a un pescador que sufriu unha caída nunhas rocas no municipio lucense de Barreiros. Segundo informou o 112 Galicia, un particular que se atopaba pescando con el foi quen alertou á central de emerxencias pouco antes das 11.30 horas.

Ao parecer, o home caera á auga nunha zona de rocas en San Pedro de Benquerencia, preto das praias de Arealonga e das Pasadas, e estaba ferido nunha perna. No momento da chamada conseguira agarrarse e subir a unha pedra.

Con esta información, o 112 solicitou a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, da Garda Civil, dos Bombeiros de Viveiro, do GES de Cervo e dos voluntarios de Protección Civil de Barreiros.

Así, desprazouse ata o lugar o helicóptero de rescate Pesca II, do Servizo de Gardacostas de Galicia. Unha vez efectuado o rescate, a aeronave trasladouno ata o heliporto do Hospital de Burela.

ÚLTIMAS

Rueda acusa a Pontón de criminalizar a Alfonso Villares: “Mandou a tomar vento a súa presunción de inocencia”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reprochou á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,...

Un incendio no Vicedo deixa inhabilitado o Punto de Atención á Infancia

O Punto de Atención á Infancia do municipio do Vicedo sufriu un incendio na...

Viveiro inviste case 500.000 euros nun proxecto para obradoiros de emprego

O Concello de Viveiro vén de obter unha subvención de 454.552 euros para a...

A curtametraxe feita no obradoiro de cinema con Manolo Gómez estearase o sábado 25

O Teatro Pastor Díaz será escenario este sábado, ás 19.30 horas, da estrea da...