InicioOrientalBarreiros'Camiñantes e camiños' finalizou a súa peregrinación a Santiago por etapas

‘Camiñantes e camiños’ finalizou a súa peregrinación a Santiago por etapas

Publicada o

- Advertisement -

A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, rematou o pasado sábado a súa peregrinación a Santiago por etapas semanais a través do Camiño de Inverno.

O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explicou que “ao fin 55 peregrinos fixemos a última etapa do Camiño de Inverno, treito curto de 8 quilómetros, pero intenso en emocións porque chegamos ao momento desexado de abrazar ao Apóstolo Santiago”.

Gómez Puente lembrou que “o 10 de xuño do ano 2023 comezamos o Camiño do Inverno en Las Médulas, enclave patrimonio da humanidade que se encontra a 230 quilómetros de Santiago e despois de 11 etapas o sábado pasado chegamos a Santiago de Compostela. Obxectivo conseguido. Outro ano máis é xa son 20 anos, foi polo ano 2004 cando iniciamos esta aventura máxica”.

O presidente de Camiñantes e Camiños sinalou que “cada ano realizamos un Camiño de Santiago distinto e é moi recomendable. Quero aproveitar para animar a persoas que se encontren soas ou con problemas a que o fagan, a que nos acompañen porque o camiño é unha experiencia única e hai que vivila”.

E tivo palabras de agradecemento para todas as persoas que participaron nesta peregrinación a través do Camiño de Inverno a ás que o fixeron ao longo dos 20 anos desta aventura: “gracias a todas as persoas que durante este ano e os 20 anos anteriores convivimos en harmonía como se foramos una familia”.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...