InicioOrientalBarreirosXornada en Barreiros sobre a velutina con apoio da Vicepresidencia da Deputación

Xornada en Barreiros sobre a velutina con apoio da Vicepresidencia da Deputación

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros acolle este sábado, 18 de maio, a xornada técnica “Convives ou combates. Ti elixes!” contra a vespa velutina. A Asociación Galega de Apicultura (AGA) organiza esta actividade, que se celebrará nas Escolas Vellas de San Miguel ás 11 horas, co apoio da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Trátase dunha formación que nace co obxectivo de que a veciñanza teña os coñecementos e as ferramentas precisas para afrontar a proliferación desta especie invasora e continuar coas producións apícolas e agrarias. A xornada completarase na tempada estival cunha formación práctica dando continuidade a esta primeira parte das xornadas. As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades deben enviar un correo electrónico a info@apiculturagalega.gal para inscribirse de balde.

O deputado de Rural e concelleiro de Dinamización e participación veciñal Daniel García destacou a importancia de “formar á veciñanza en áreas que afectan ao día a día, e a vespa velutina está a ser cada vez máis un problema tanto para as persoas que se dedican a apicultura ou a produción de froita, como para aquelas outras que teñen pequenas producións de autoconsumo nas súas casas”

“Desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Barreiros consideramos fundamental que a cidadanía teña os coñecementos e os recursos para actuar na súa contorna máis inmediata fronte a esta problemática, que nos afecta de forma transversal”, explicou o deputado durante a presentación da actividade.

Na charla, a cargo de persoal da Asociación Galega de Apicultura, explícase o ciclo da vespa velutina, necesario para entender o funcionamento das trampas xa que se instalan no período no que a raíña traballa soa para construír o niño. Posteriormente faise un repaso pola eficiencia das trampas e a súa elaboración, coidados e mantementos. Dende a entidade explicarán como elaborar a mestura máis eficiente ou onde colocalas, normalmente en especies florais de máxima atracción para as velutinas. Os asistentes coñecerán tamén o momento no que é necesario a súa retirada e o proceso do pico de capturas desta especie.

A actividade forma parte dun programa que o sábado se achega en horario de tarde ao concello de Carballedo e que a pasada fin de semana celebrou as xornadas técnicas en Lugo e Samos.

ÚLTIMAS

María José Ginzo, matemática: “Unha conclusión é que o mapa dos apelidos galegos coincide cos das dióceses”

-Que motivación viches en realizar un traballo arredor dos apelidos, a súa cuantificación e...

As néboas perennes do Alto do Fiouco manteñen o debate sobre a seguridade viaria na A-8: “Cando xa estás no túnel de néboa, non...

Nos verdes pasteiros que disecciona a Autovía do Cantábrico ao seu paso polos municipios lucenses...

Foz fai un balance positivo do verán con mil visitantes máis que en 2023

As oficinas de turismo de Foz e o Centro de Interpretación da Basílica de...

A Deputación de Lugo asina un convenio para impulsar a formación de redeiras

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou un novo convenio de...