InicioOrientalBarreirosBarreiros presenta as actividades para O Día do Libro

Barreiros presenta as actividades para O Día do Libro

Este martes, día 23 de abril, o alumando do CEIP de San Cosme visitará a Biblioteca Pública Municipal de Barreiros para coñecer de primeira man como funciona unha biblioteca e participar na creación dun mural

Publicada o

- Advertisement -

A concellería de dinamización do Concello de Barreiros organiza unha serie de actividades con motivo da celebración do Día internacional do Libro. Este martes, día 23 de abril, o alumando do CEIP de San Cosme visitará a Biblioteca Pública Municipal de Barreiros para coñecer de primeira man como funciona unha biblioteca e participar na creación dun mural.


Con motivo do Día internacional do Libro, este mesmo martes 23 de abril, o Concello de Barreiros instalará na Praza do Souto; en San Miguel de Reinante, unha caseta coa que se creará a primeira biblioteca libre de Barreiros que conterá máis de 50 libros en libre circulación. Ao longo da mañá, o alumnado do CEIP San Miguel de Reinante, visitará a Praza do Souto e coñecerá esta forma de intercambio de libros coñecida popularmente como “bookcrossing”.


O venres 26 de abril, ás 20.00 h. terá lugar na Biblioteca Pública Municipal a presentación do libro “Os do mar” de Paco Paz. Un thriller cheo de realismo máxico, ambientado na Mariña Lucense co que debuta na novela este guionista, xornalista, documentalista e director de curtametraxes.


Para pechar este programa de actividades, o domingo 28 ás 18:30 horas na Biblioteca Pública Municipal de Barreiros terá lugar un obradoiro artístico na que as nenas e nenos coñecerán novas formas de comunicación a través das imaxes. Nas dúas horas que dura o obradoiro, a través de exemplos, ideas propias e materiais básicos, a cativada creará o seu propio libro obxecto que poderá levar para a casa. Para asistir ao obradoiro non é preciso inscrición previa.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...