InicioOrientalBarreirosO Concello de Barreiros reclama igualdade de trato a Augas de Galicia

O Concello de Barreiros reclama igualdade de trato a Augas de Galicia

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, vén de dirixir unha misiva a Teresa Gutiérrez, directora de Augas de Galicia, na que lle amosa o malestar polo que considera unha “trato discriminatorio e discrecional entre Concellos á hora de repartir fondos destinados á mellora dos sistemas de saneamento municipais.”


A rexedora refírese á situación de encallamento que se está a dar á hora de financiar o proxecto de construción dunha nova depuradora en San Miguel, para o que o departamento autonómico fixou unha regra segundo eles inamovible dun cofinanzamento ao 33%. Porén, sinala Ermida, “estamos vendo continuamente convenios nos que Augas de Galicia financia porcentaxes moito máis altas, de ata o 95 ou o 100% nalgúns casos ben próximos a Barreiros.”


Por iso, a alcaldesa reclama da directora, como xa reiterou en numerosos escritos enviados a distintos dirixentes do goberno galego aos que non obtivo resposta, que “se considere un proxecto prioritario á hora de destinar fondos europeos” ou do contrario, continúa non se entende que “non exista unha vontade para afrontar un investimento da prioridade do que se trata.”


Ana Ermida finaliza o escrito trasladando como representante do conxunto da veciñanza de Barreiros, “o compromiso real dese departamento co Concello de Barreiros e coa súa poboación, dispensando a esta administración igualdade de trato con outras en situacións similares.” Neste sentido, solicita novamente que a construción da depuradora de San Miguel de Reinante se considere prioritaria e se destinen os fondos suficientes para a súa execución, a efectos de “non seguir hipotecando a saúde pública barreirense cunha regra inexistente para outros territorios”, ao tempo que se pon a disposición para “manter as xuntanzas que sexan precisas para desbloquear a situación e poñer en marcha tan ansiado e necesario proxecto.”

ÚLTIMAS

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...

O BNG denuncia que A Mariña non conta con Grupo de Emerxencias Supramunicipais

O pasado 24 de febreiro, o pleno da Deputación Provincial aprobou por unanimidade e...