InicioOrientalBarreirosBarreiros licita a mellora de varios camiños no concello con case 300.000...

Barreiros licita a mellora de varios camiños no concello con case 300.000 euros de investimento

A Xunta de Goberno Local iniciou os procesos de contratación dos arranxos de camiños correspondentes ao Plan Marco e ao Plan Único.

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Goberno Local de Barreiros deu inicio a dous procesos de contratación para o arranxo de camiños municipais. Trátase dos plans que executa o Concello con abeiro aos fondos do Plan Marco da Consellería do Medio Rural e do Plan Único da Deputación Provincial. Un total de 288.887,49€ que se destinarán a mellorar máis de 9,5kms de viarios municipais.

As actuacións consistirán na limpeza de cunetas e mellora de firmes mediante a aplicación de regos asfálticos ou aglomerados, en función dos tipos de vías.

Os camiños que se arranxarán con cargo aos fondos do Plan Marco de Camiños serán na parroquia de Benquerencia os que comunican o Armilo con Remior, de Pedregás á Cancela Vella e a rúa de Lugo, na zona costeira.

Con cargo ao Plan Único arranxaranse os camiños da Proída, A Cosqueira-A Malata e O Barreiro-Vista Alegre, en Reinante; accesos ao Río e O Couto, en Cabarcos; Calzada-San Paio e accesos San Paio, en San Xusto; Carreira-Pico da Carreira, en Vilamartín Pequeno; Xunto á Igrexa, A Romiña e As Saíñas, en Celeiro; As Eiras, acceso á estrada xeral, e do Cascabeiro ao Acantilado en San Cosme; acceso As Travesas, en Benquerencia e a estrada que sube de San Miguel a Remourelle.

Os prazos para a presentación das ofertas por parte das empresas rematan o día 15 e o 23 deste mes, respectivamente. E o prazo de execución das mesmas son tres meses desde a sinatura da acta de replanteo das obras.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...