InicioOrientalBarreiros'Camiñantes e Camiños' de Barreiros organiza unha ruta en Negueira de Muñiz...

‘Camiñantes e Camiños’ de Barreiros organiza unha ruta en Negueira de Muñiz para o 12 de marzo

O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explica que “cando cheguemos a Negueira de Muñiz visitaremos o encoro e despois faremos unha camiñada pola zona ata o miradoiro".

Publicada o

- Advertisement -

A asociación cultural de sendeirismo Camiñantes e Camiños de Barreiros organiza o vindeiro 12 de marzo un Domingo de Ruta e Cocido. Será por Negueira de Muñiz.

O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explica que “sairemos ás oito da mañá de Barreiros, a carón do centro de saúde. Cando cheguemos a Negueira de Muñiz visitaremos a partir das dez da mañá o encoro e despois faremos unha pola zona ata o miradoiro que está situado na cola do encoro. E remataremos a xornada cun xantar no restaurante Vizcaín, alí en Negueira de Muñiz”.

Gómez Puente indica que “o menú consistirá en sopa, cocido tradicional, bodega, postre e café. O prezo para os socios será de 40 euros e para os non socios de 45 euros”.

E engade: “agardamos disfrutar dun bo domingo, en plena natureza na montaña de Lugo, e da boa gastronomía. Negueira de Muñiz é un paraíso natural e conta cunha gastronomía de sabor auténtico e cuns viños aromáticos de cepas ancestrais”.

Aquelas persoas que desexen participar nesta viaxe aínda poden anotarse chamando ao teléfono 623 226 825: “aínda quedan algunhas prazas libres no autobús”, sinala o presidente da asociación cultural de sendeirismo Camiñantes e Camiños, José Manuel Gómez Puente.

ÚLTIMAS

Cristina Lagares, libraría Bahía: “Quero continuar co modelo de traballo da libraría porque sempre funcionou ben”

Cristina Lagares, -Por que te decidiches a embarcarte nesta aventura da Libraría Bahía? Antes disto...

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...