InicioOrientalRibadeoA FCAM sortea 500 euros en vales de compra para a campaña...

A FCAM sortea 500 euros en vales de compra para a campaña Volta ao Cole

A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explica que “o obxectivo é premiar a fidelidade da clientela no comercio asociado da Mariña. Esta campaña ven complementar ás que están levando adiante algunhas das asociacións que forman parte da FCAM e axudar a aquelas outras que non teñen campaña propia de Volta ao Cole nestas datas”.

Publicada o

- Advertisement -

A FCAM (Federación de Comercio A Mariña) sorteará 500 euros en vales de compra na campaña da Volta ao Cole, que se desenvolverá do 1 ao 30 de setembro.

A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explica que “o obxectivo é premiar a fidelidade da clientela no comercio asociado da Mariña. Esta campaña ven complementar ás que están levando adiante algunhas das asociacións que forman parte da FCAM e axudar a aquelas outras que non teñen campaña propia de Volta ao Cole nestas datas”.

Cruzado Iglesias di que “para as familias mariñás toda axuda con vales de compra será moi ben recibida, xa que setembro é un mes de moitos gastos coa adquisición de material escolar, de uniformes, de roupa deportiva, calzado, etc…”.

A presidenta da Federación de Comercio A Mariña subliña que “participar na campaña da FCAM é moi sinxelo. Aquelas persoas que durante o mes de setembro fagan as súas compras nos comercios asociados a calquera das nosas Acias/CCAs o único que terán que facer é mandar unha foto do seu tícket de compra ao correo electrónico amarinafederacionlugo@gmail.com indicando na mensaxe Volta ao cole na Mariña Lucense e engadir o número de teléfono da persoa participante. Logo o 1 de outubro terá lugar o sorteo de 5 vales de compra de 100 euros cada un, para consumir no comercio local asociado”.

Carmen Cruzado anima “a aproveitar esta campaña para poder participar no sorteo deses 500 euros, que sempre son moi benvidos”.

A campaña da Volta ao Cole foi presentada pola presidenta da FCAM e polo presidente da ACDP (Asociación de Comerciantes da Pontenova), José Luis Balseiro.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...