InicioOrientalA PontenovaAmpliado o convenio entre Deputación e Concello para as obras da residencia...

Ampliado o convenio entre Deputación e Concello para as obras da residencia de maiores na Pontenova

A situación actual da obra vén determinada polo incumprimento contractual da empresa adxudicataria, tal e como recolle expresamente o informe técnico do Servizo de Arquitectura da Deputación

Publicada o

- Advertisement -

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou esta mañá a ampliación do convenio interadministrativo co Concello da Pontenova co obxectivo de garantir a cobertura xurídica necesaria para culminar as actuacións pendentes e facer realidade a apertura da residencia de maiores, un servizo esencial para a veciñanza e para toda a comarca.

A renovación do convenio resulta un paso “imprescindible”, xa que o instrumento vixente estaba próximo á súa expiración. A súa continuidade permite asegurar a estabilidade administrativa do proxecto e facilita que, unha vez completados os trámites legais en curso, poidan reactivarse as obras e poñerse en funcionamento o centro.

A situación actual da obra vén determinada polo incumprimento contractual da empresa adxudicataria, tal e como recolle expresamente o informe técnico do Servizo de Arquitectura da Deputación. Segundo indica este documento, a obra atópase executada nun 70,07%, quedando aínda arredor dun 30% pendente de execución, e o prazo máximo contractual rematou o 15 de agosto de 2025, polo que os traballos se atopan formalmente fóra de prazo. Por todo iso, conclúe que os atrasos e a situación xerada son imputables ao contratista e que, ante estes incumprimentos, a Administración está legalmente habilitada para proceder á resolución do contrato.

A decisión da Deputación de iniciar este procedemento responde, polo tanto, non a unha vontade política discrecional, senón á aplicación rigorosa da normativa e á defensa do interese público fronte a un incumprimento acreditado tecnicamente.

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, afirmou no Pleno que “un exemplo claro desa actuación preventiva foi a decisión da Deputación de iniciar a resolución do contrato coa empresa adxudicataria antes mesmo de que esta entrase en concurso de acredores. Esta medida resultou clave para evitar maiores atrasos e consecuencias máis graves para o proxecto. Trátase ademais dunha situación que non é allea ao contexto xeral, xa que problemas similares están a producirse noutros centros residenciais da provincia, como Ribadeo ou Riotorto, aínda que nestes casos sen relación coa Deputación de Lugo”.

Á espera do ditame do Consello Consultivo

Unha vez iniciado o procedemento de resolución contractual, a Deputación solicitou, como esixe a lexislación vixente, o ditame preceptivo do Consello Consultivo de Galicia, órgano independente encargado de supervisar xuridicamente este tipo de expedientes.

O propio Consello Consultivo comunicou oficialmente que precisaba dun prazo adicional de 15 días para emitir o seu ditame, ampliación solicitada pola Deputación no marco dun procedemento tramitado con absoluto rigor.

Desde a institución provincial aclárase que este paso é obrigatorio por lei e garante que todo o proceso se desenvolva con plenas garantías xurídicas. Unha vez emitido o ditame, a Deputación procederá á liquidación definitiva do contrato e activará de inmediato os seguintes pasos administrativos necesarios para poder reanudar as obras.

A ampliación do convenio, clave para non paralizar o proxecto

A ampliación do convenio aprobada polo Pleno ten como finalidade evitar calquera baleiro xurídico e asegurar a continuidade da cooperación entre administracións. Trátase dun paso imprescindible para que, unha vez resolta a situación contractual, poida avanzarse con axilidade cara á finalización da obra e á posta en funcionamento do centro.

Desde o goberno provincial subliñan que “a Deputación está a actuar con responsabilidade, rigor técnico e respecto escrupuloso á legalidade, co único obxectivo de protexer o interese público e garantir que a residencia da Pontenova sexa unha realidade canto antes”.

A Deputación de Lugo reafirma o seu compromiso absoluto coa atención pública ás persoas maiores e coa defensa dun modelo de servizos sociais que permita que a veciñanza poida seguir vivindo nos seus concellos con dignidade, seguridade e calidade de vida.

ÚLTIMAS

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

Correos activa o servizo de transporte de mochilas no Camiño norte no seu paso por Ribadeo

Os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago este ano xa teñen dispoñible o...

Ribadeo anuncia melloras na accesibilidade para a Rúa Virxe do Camiño

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño....

Barreiros inaugura a exposición “Fauna Esencial”

Esta mañá ás 11:30 horas tivo lugar a inauguración da Exposición “Fauna Esencial” da...