InicioEconomíaA Asociación de Comerciantes da Pontenova intégrase na FCAM

A Asociación de Comerciantes da Pontenova intégrase na FCAM

A presidenta da FCAM comentou que “desde a FCAM este ano, ao igual que xa fixemos en 2025, tentaremos organizar actividades ou eventos en todas as vilas nas que contamos con asociacións de comerciantes"

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Comerciantes da Pontenova acaba de integrarse na FCAM. Desde a Federación de Comercio A Mariña a súa presidenta, Carmen Cruzado, dixo que “estamos moi contentas de poder seguir sumando asociacións desta comarca á FCAM. Cantas máis sexamos máis cousas poderemos facer polo noso comercio e pola dinamización dos nosos pobos”.

Cruzado Iglesias indicou que “son precisamente as asociacións máis cativas, como a de comerciantes da Pontenova, que conta cuns vinte negocios asociados, as que precisan tamén do apoio e das axudas económicas das diferentes administracións para poder organizar actividades ao longo do ano. Son colectivos que non contan con xerencia e que necesitan de colaboracións para subsistir”.

A presidenta da FCAM comentou que “desde a FCAM este ano, ao igual que xa fixemos en 2025, tentaremos organizar actividades ou eventos en todas as vilas nas que contamos con asociacións de comerciantes. Un dos nosos obxectivos é traballar na reactivación dalgúns colectivos que levan anos parados e integralos na Federación de Comercio A Mariña. O asociacionismo é moi importante, cada vez máis, si o que queremos é que os nosos pobos teñan vida comercial, hostaleira, industrial e de servizos, senón acabarán desaparecendo”.

O presidente da ACDP (Asociación de Comerciantes da Pontenova), José Luis Balseiro, declarou: “valoramos moi positivamente o noso ingreso na FCAM. Esperamos que con esta colaboración poidamos medrar como asociación e dar máis servizos aos nosos asociados”.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...