InicioOrientalA PontenovaExperiencias artísticas en Mina Consuelo, A Pontenova

Experiencias artísticas en Mina Consuelo, A Pontenova

A experiencia titúlase "Ecos do pasado: unha experiencia sonora nas profundidades da terra"

Publicada o

- Advertisement -

 O próximo domingo 13 de abril, terá lugar un evento artístico exclusivo titulado “Ecos do pasado: unha experiencia sonora nas profundidades da terra”, que se desenvolverá nas antigas galerías mineiras da Pontenova, en concreto na Mina Consuelo, que cumpre 100 anos sen explotación. Esta proposta, que transita entre a arte e a natureza, ofrecerá aos asistentes unha sesión de voz e escoita a cargo da artista sonora Paula Pintos, quen transformará este espazo cargado de historia nunha verdadeira experiencia de resonancia e reflexión.

A mina Consuelo, un lugar de espectacular beleza natural onde aínda resoan as pegadas do traballo humano, será o escenario perfecto para que Paula Pintos utilice a súa voz -como xa fixera Mónica de Nut no ano 2022– para interactuar co ambiente, percorrendo os ecos e resonancias que alí se atopan. A través dos sons vocais que se disolven e transforman, os participantes poderán explorar como a vibración da voz pode dialogar coa terra e co tempo.


A experiencia durará 2 horas e media aproximadamente e as persoas asistentes serán testemuñas dunha exploración vocal profunda nunha contorna única e cargada de historia.
Experimentarán como a voz pode transformar un espazo, creando unha conexión intanxible pero poderosa coa contorna. E vivirán unha experiencia inmersiva que convidará a reflexionar sobre a relación entre o son, o tempo e o lugar.

ÚLTIMAS

Expomar converte Burela en referente do mundo da pesca

A Fundación Expomar organizou esta semana en Burela as súas 33ª Xornadas Técnicas e...

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...