InicioCulturaFátima Mayorga: "O máis destacable para min é a falta de tempos...

Fátima Mayorga: “O máis destacable para min é a falta de tempos compostos en galego”

Fátima Mayorga é de Madrid, cidade que deixou por unha aldea na Pontenova, Saldeiriña, onde instalou o seu obradoiro de artesanías ademais de encontrar "a casa dos meus soños". Isto sucedeu en 2020. Entrou no curso de galego na Escola Marabillas grazas a un grupo de Whatsapp onde puido consultar o anuncio.

Publicada o

- Advertisement -

-Cal foi o elemento que te impulsou a asistires ao curso de galego na Biblioteca Marabillas?

Quería aprender galego porque me gustou Galicia desde a primeira vez que estiven por aquí, logo puiden mudarme hai cinco anos. A miña parella e máis eu somos de Madrid e entre nós falamos castelán, logo cos veciños intento falar galego mais non o domino ben aínda. Despois coñecín o curso de galego impartido na Bibilioteca Marabillas e como quería meterme na cultura galega, facerme entender ben quixen meterme no curso e encontrei unhas aulas entretidas, unha maneira divertida de aprender.

-Cando foi o teu primeiro contacto con Galicia e por que decidiches mudarte a vivir aquí?

Non lembro moi ben cando foi o meu primeiro contacto, mediados ou finais dos noventa, durante un verán e gustoume moito o lugar. Depois viña sempre que podía nos veráns e finalmente mudeime en 2020 deixando todo en Madrid. Asentarme na Pontenova é porque Lugo sempre me atraeu e, á parte, é un dos lugares que está máis perto de Madrid e ten costa, A Coruña ou Rías Baixas xa é algo máis lonxe. Por iso decidín vir até aquí porque ademais apareceu a casa dos meus soños nunha aldea.

-Profesionalmente traballas na artesanía?

Eu son profesora, son logopeda, era diso do que traballaba en Madrid. Alí traballaba con rapaces e rapazas en colexios e tamén con discapacidade, mais eu sempre fixen cousas de artesanía. Agora estou con madeira, mais en Madrid era imposible traballar este material mentres que aquí teño un obradoiro para min e cando acabo, pecho e vou para a casa e despois volvo para o outro día. Mais xa levaba tempo traballando outros materiais como pintura con óleo, coiro ou lá de ovella.

-O destino do teu traballo é a venda ou é unha afección?

Pois querería facer venda, mais en Madrid non tiña tempo, todo ía moi apurado porque todo quedaba lonxe. Ao final, moitas cousas acababa regalándollas aos meus amigos, mais agora aquí xa poño horarios para despois comezar a ir a feiras. Tamén lle dedico tempo aos meus animais e á horta.

-Cando comezaches a interactuar en galego, cales foron os aspectos que che chamaron máis a atención?

Gústame como soa e o que chama a atención é a ausencia de tempos compostos. Para axudarme coa expresión oral intento pensar en galego mais aínda me faltan palabras por aprender para construír frases, aínda así, vou aprendendo máis palabras para falar con máis fluidez.

-Entón, tes veciños cos que falar.

Teño catro veciños na miña aldea, un matrimonio coa súa filla e unha señora maior e a relación é moi boa, somos case unha familia.

ÚLTIMAS

Rubén García: “O dano na Faba de Lourenzá en Trabada foi moi alto, como outros lugares”

-Os problemas que sufriron os agricultores que sementaron Faba de Lourenzá en Trabada, foron...

Mellora nos parques de Alfoz e as súas zonas verdes

O Concello de Alfoz vén de poñer en marcha un proxecto de mellora e...

Barreiros recolle un remolque para a atención a emerxencias para Protección Civil

Representantes da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Barreiros, Agustín Rodríguez e Nita...

Obras en Foz para un novo acceso ao estacionamento das Torres

O Concello de Foz iniciou as obras para a construción dun novo vial que...