InicioOrientalA PontenovaO BNG presenta na Pontenova a campaña en apoio ao comercio 'Mellor...

O BNG presenta na Pontenova a campaña en apoio ao comercio ‘Mellor local, mellor galego’

Publicada o

- Advertisement -

O BNG vén de presentar na Pontenova a campaña que desde a formación nacionalista veñen desenvolvendo nos últimos anos baixo o título de “Mellor Local, Mellor Galego”, unha campaña “en defensa do pequeno comercio, das feiras e mercados tradicionais, dos produtos galegos e da súa etiquetaxe na nosa lingua propia, en definitiva, en defensa do noso” tal e como afirmou Xorxe Gómez, o portavoz municipal do BNG na Pontenova quen sinalou que “A Pontenova é unha vila con gran tradición comercial e desde o BNG traballamos para que o siga sendo”. Acompañaron ao edil nacionalista varios compañeiros da organización na localidade e tamén o deputado no Parlamento Daniel Castro García e fixeron un percorrido polos diferentes establecementos da Pontenova difundindo a mensaxe desta campaña e falando cos comerciantes.

O consumo e a aposta polos produtos galegos tén que ser unha prioridade na política económica de comercialización e de comunicación da Xunta

Desde o BNG apostan por promover o consumo de produtos locais e galegos, incentivando a etiquetaxe en lingua galega, así como recuperar e revitalizar os mercados municipais, fomentar a produción alternativa e ecolóxica, impulsar unha marca de calidade e identificación da orixe para produtos hortícolas, pesqueiros e marisqueiros e garantir prezos xustos para os produtos. Así mesmo propón a regulación dos horarios comerciais para favorecer un modelo sustentable. A creación de liñas de crédito prioritarias para o comercio e outra das propostas xunto coa promoción de alternativas galegas de venda en liña.

Neste sentido, o deputado Daniel Castro afirmou que “en Galiza temos unha terra e un mar únicos, con moita riqueza e potencialidade e producimos alimentos de extraordinaria calidade” e invitou a todos e todas as mariñás a “apostar polo noso”.

ÚLTIMAS

Traballadores da recollida de lixo en Viveiro non descartan ir á folga por ver “insultante” a proposta de FCC

  O servizo de recollida de lixo en Viveiro atópase nun momento de tensión. As...

O PP de Foz denuncia o colapso da desembocadura do Ouro na Pampillosa

O Partido Popular de Foz denuncia a situación “moi grave” que presenta na actualidade...

Barreiros acolle o exame COMDIX de competencias dixitais de nivel intermedio

A aula CeMIT de Barreiros acollerá o exame presencial para a obtención da certificación...

Convocada a Xunta Local de Seguridade en Viveiro para coordinar os dispositivos da Carreira CAMOVI e a Semana Santa

O Concello de Viveiro foi escenario esta mañá dunha xuntanza extraordinaria da Xunta Local...