InicioOrientalO colectivo de hostaleiros de Barreiros bota a andar

O colectivo de hostaleiros de Barreiros bota a andar

O obxectivo da asociación é axudar a desestacionalizar o turismo no municipio

Publicada o

- Advertisement -

Cun total de 25 establecementos asociados, a asociación Hostalería de Barreiros nace co obxectivo de mostrar que o concello ten, ademais das praias, máis atractivos que ofrecer ao visitante. O colectivo aspira a desestacionalizar o turismo e crear “unha marca” para o municipio.

A agrupación conta por agora cunha xunta xestora formada por seis persoas e prevé convocar eleccións en breve para elixir a directiva.

Os hostaleiros abordaron na súa primeira reunión a necesidade de mellorar a sinalización do concello e dos servizos hostaleiros e de promocionar e divulgar as rutas naturais.

CONCURSO

A agrupación de hostaleiros convoca até o 25 de maio o concurso ‘#MarcaBarreiros’, dispoñible no perfil de Facebook do colectivo. Os participantes teñen que achegar un lema que defina o potencial turístico que ten Barreiros durante todo o ano. Os candidatos con máis “gústame” pasarán a unha rolda final, na que o colectivo de hostaleiros elixirá o lema gañador, premiado con 180 euros. 

ÚLTIMAS

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...

Dúas alumnas de Foz participan no Campionato Mundial de Pizza Picante en Italia

Marta Chao e Kiara Cabado, alumnas de segundo ano do Ciclo Medio de Cociña...

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...