InicioOrientalO Concello de Ribadeo responde ás acusacións "infundadas" da AVV de Rinlo

O Concello de Ribadeo responde ás acusacións “infundadas” da AVV de Rinlo

A asociación 'O Cantal' acusa ao consistorio de deixar pasar unha subvención de 17.000€ para amañar un inmoble, pero estes aseguran que non poden dar licencia.

Publicada o

- Advertisement -

Lea entre o Concello de Ribadeo e a asociación de veciños de Rinlo ‘O Cantal’ a respecto da reforma da escola vella, un dos edificios máis emblemáticos da localidade ribadense. O consistorio municipal vén de responder á AVV cualificando de “infundadas e inxustas” as acusacións vertidas dende a asociación de veciños, que responsabiliza o goberno local de facer perder “unha subvención de 17.000€”.

A problemática tería comezado cando, semanas atrás, a AVV anunciou que conseguira esa subvención da Xunta para reformar a escola. O paso seguinte dos veciños pasou por pedir licencia ao Concello para desenvolver a reforma, unha cuestión que foi recibida con sorpresa por parte do goberno municipal en tanto que estes, apuntan, son os propietarios do inmoble, “polo que non é posible que o Concello se conceda licenza a si mesmo para acometer obras” nel.

A asociación acusou entón ao goberno local de deixar estragar a achega económica da Xunta, circunstancia que o consistorio ve “terxiversada”. O alcalde Fernando Suárez, pola súa banda indicou que en breve o Concello e a Deputación de Lugo asinarán un convenio bilateral para amañar esa instalación, “tal e como estamos a facer con outros inmobles de titularidade municipal polas parroquias”.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...