InicioOrientalRibadeoO rugby mariñán pon a proba o seu talento cun certame olímpico...

O rugby mariñán pon a proba o seu talento cun certame olímpico en Asturias

Os rapaces e rapazas do BeOne Ribadeo conseguiron entrar nas escuadras e todas as categorías disputadas.

Publicada o

- Advertisement -

Novo trunfo do rugby mariñán. O equipo BeOne de Ribadeo vén de conseguir representación en todas as categorías ás que se presentaba nos Xogos do Principado de Asturias, dende a sub8 ao nivel senior, pasando polos xogadores e xogadoras de Sub 16 e Sub 18.

Segundo apuntan dende o equipo afincado en Ribadeo, os resultados conquistados no certame son o froito de “semanas de intenso traballo”, cunha competición concetrada nos meses pasados de abril e maio. Segundo apunta, competir en Asturias “foi finalmente unha vantaxe” para o equipo mariñán; xa que, malia que a Federación Galega non participou nos campionatos españois, os mozos do BeOne si puideron poñer a probas as súas destrezas alén da comunidade autónoma “pois todos tiñan ficha nesta comunidade”.

Segundo destacan dende o clube, a modalidade olímpica celebrada en Asturias implica un xogo de sete contra sete, para os cales foron seleccionados participantes tanto do BeOne como do Pasek Belenos Rugy, co que conformaron esa escuadra olímpica.

En total, foron seleccionadas doce persoas das máis destacadas de cada categorías, e o BeOne logrou ter representación en todas elas. No caso do Sub18 feminino tratouse de Carla Méndez, no Sub16 Feminino foron Cecilia Anello e Alicia Fernández, no Sub 18 Masculino Daniel Rosales, e no Sub16 Masculino Álvaro Fernádez.

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...