InicioOrientalTrabada dará continuidade á Enfariñada

Trabada dará continuidade á Enfariñada

A alcaldesa, Mayra García, quere converter o evento na "na festa gastronómica do municipio"

Publicada o

- Advertisement -

Este ano foi só a estrea, pero é unha festividade que chegou para ficar. Trabada apostará por darlle continuidade á Festa da Enfariñada, celebrada o pasado 6 de maio, tralo “éxito da primeira edición”, segundo apuntou a alcaldesa, a socialista Mayra García Bermúdez.

A rexedora explicou que a importante afluencia do público “superou as expectativas” da organización, e anticipou a intención de “consolidar a cita como a festa gastronómica” que identifique ao municipio trabadense. 

as mulleres da asociación marco da pena cociñaron as 300 cuncas servidas, que ficaron escasas

Segundo afirmou a lideresa do goberno local, as 300 cuncas que a organización adquiriu para a ocasión quedaron escasas para atender a todos os veciños e visitantes que se achegaron para degustar a enfariñada.

As mulleres da asociación Marco da Pena foron as encargadas de preparar este prato, unha singularidade culinaria do concello mariñao. As cociñeiras fíxerono seguindo a receita tradicional, que recomenda os seguintes ingredientes: fariña de trigo, leite, ovos, torreznos e sal. A masa cocíñase despois na tixola, onde se traballa e desfai en pequenos anacos ou “faragullos”, nome co que se coñece este manxar noutros municipios da zona, como Riotorto e A Pontenova.

ARTESANÍA E MÚSICA COMPLETARON O PROGRAMA

A alcaldesa trabadense resaltou que a xornada ofreceu, ademais do atractivo culinario, un programa completo de festa. “Os visitantes quedaron coa satisfación non só de probar a enfariñada, senón tamén de disfrutar da axenda cultural que propuxemos”, subliñou a rexedora. Os asistentes poideron desfrutar de boa música, coa actuación da formación tradicional Son de Lugh e co concerto ‘Camiño do fado’ de Iria Estévez e Gonzo Piña.

Ademais, houbo postos de venda de artesanía e un obradoiro de cestería que fixo as delicias dos máis pequenos durante a xornada matinal.

Coa festa de exaltación da enfariñada, Trabada engade unha nova cita aos máis de 300 eventos gastronómicos que se celebran cada ano en Galicia. É unha das máis novas, pero tamén das máis singulares.

ÚLTIMAS

Ana Pena, guía: “Recomendo visitar o interior da comarca, un lugar pouco coñecido”

-Como te iniciaches nesta actividade de organizar percorridos e rutas turísticas na Mariña? Estudei Turismo...

Accidente mortal en Ribadeo logo dun accidente múltiple entre catro vehículos

Un condutor faleceu na tarde-noite deste pasado xoves na localidade lucense de Ribadeo tras...

Detido un veciño de Foz que tiña unha orde de ingreso en prisión

A Garda Civil detivo a un veciño de Foz sobre o que pesaba unha...

A Xunta cre que Alcoa non dixo “claramente” que non ía cumprir os compromisos do arranque e o Goberno confía en que se cumprirán

O conselleiro de Emprego, Comercio e Migración, José González, non cre "que dixese claramente...