IniciosociedadeA hostelería ribadense esíxelle a Portos medidas contra "a praga de mosquitos"

A hostelería ribadense esíxelle a Portos medidas contra “a praga de mosquitos”

Os comerciantes advirten de que a situación está a afectar ao casco urbano e temen que afecte a imaxe da vila a piques de comezar a tempada alta

Publicada o

- Advertisement -

Acisa Ribadeo esixe a Portos de Galicia que tome medidas para erradicar o antes posible a praga de mosquitos detectada no peirao de Mirasol hai uns días.

Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos advirten que “o problema, que está afectando gravemente á zona do porto, xa se está a notar no casco urbano onde a hostalería está moi preocupada”.

“É terrible ver unha tapa ou un prato cheo de mosquitos. Ou estar a tomar algo nunha barra cos mosquitos enriba de ti”, sinalan desde o colectivo que está a recoller as queixas “de asociados de hostalería, de comercio e tamén de servizos nas que nos alertaron da alarmante presenza de mosquitos de pequeno tamaño nas súas instalacións”.

A PIQUES DE COMEZAR A TEMPADA ALTA

A directiva de Acisa subliñou que “estamos a piques de iniciar a tempada alta en Ribadeo e estamos moi preocupados por esta situación, sobre todo porque se trata dun asunto relacionado coa saúde pública e coa mala imaxe que nestas datas, ás portas do inicio do Ribadeo Indiano, podemos ofrecer por mor desta praga de mosquitos”.

Os comerciantes ribadenses reclaman a Portos de Galicia que “tome as medidas axeitadas o antes posible para poñer fin a esta situación e que a vila luza a mellor imaxe posible durante este verán, no que agardamos recibir a milleiros de persoas que nos elixen para visitar lugares emblemáticos ou para pasar aquí as súas vacacións”.

MADEIRA AMOREADA NO PORTO

As queixas de Acisa súmanse as do Concello de Ribadeo que este xoves alertou a Portos de Galicia da existencia dunha praga de mosquitos ocasionada polo amoreamento de madeira no peirao de Mirasol.

 

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...