InicioPolíticaO BNG de Riotorto denuncia á Xunta Electoral un "uso partidista" das...

O BNG de Riotorto denuncia á Xunta Electoral un “uso partidista” das redes sociais do Concello polo alcalde

Aseguran que se colgou un post con fotografías dunhas obras recén rematadas en Chacín

Publicada o

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) denunciou ao alcalde e candidato do Partido Popular (PPClemente Iglesias ante a Xunta Electoral Zonal por empregar a conta do Concello de Riotorto nas redes sociais para facer propaganda electoral en plena campaña.

Os nacionalistas puxeron en coñecemento da XEZ que na tarde do venres se publicou no perfil institucional de Facebook Concello de Riotorto un post con fotografías dunhas obras recén rematadas en Chacín.

O escrito de denuncia sostén que o candidato popular aproveitou a súa condición de alcalde para facer un uso partidista dun espazo de comunicación institucional, “rompendo os principios de obxectividade, igualdade e imparcialidade que deben manter as institucións, especialmente en periodo electoral”.

Ademais, argumenta que a normativa prohibe os “actos de inauguración de obras ou servizos públicos durante a campaña así como os actos que “conteñan alusións ás realizacións e logros obtidos” desde a convocatoria das eleccións ata que se celebran os comicios.

“QUEREN COMPRAR VOTOS CON AGLOMERADO”

O uso do Concello para facer campaña para o Partido Popular supón unha burla á veciñanza e una mostra máis da forma de entender a política do PP, que trata aos votantes como clientes e non como cidadáns”, denuncian desde o BNG de Riotorto.

Os nacionalistas critican que o PP se afanase en aglomerar pistas e limpar camiños en periodo electoral, chegando a contratar unha empresa para desbrozar en lugares dos que “non se acordou en todo o mandato. Cren que poden comprar votos con aglomerado”, conclúen.

ÚLTIMAS

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...

Viveiro anuncia o comezo da Enquisa de Poboación e as Vivendas 2026

O Concello de Viveiro informa de que a Delegación Provincial do Instituto Nacional de...

Antonio Rey, directivo do Xove FS: “Cada tempada hai que reinventarse porque cada día competir é máis complicado”

  -Como entraches nesta aventura do Xove Fútbol Sala? Durante o ano 2009 xuntámonos varios amigos...

Foz asina a cesión do edificio da residencia e centro de día co Consorcio Galego

O Concello de Foz acaba de asinar hoxe, venres, a transmisión de titularidade do...