InicioCulturaO Ribadeo Indiano será do 6 ao 8 de xullo

O Ribadeo Indiano será do 6 ao 8 de xullo

A festa que celebra o legado emigrante cumpre cinco anos cun cartel inspirado nos tellados das casas indianas

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo e a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) presentaron o cartel da quinta edición do Ribadeo Indiano. A festa coa que o municipio homenaxea o legado dos emigrantes celebrarase os días 6, 7 e 8 de xullo. O póster, segundo explicou a concelleira de turismo ribadense, Ana Martínez, evoca “os tellados das casas indianas, que son unha identidade notable da localidade”.

A edil animou “á xente a que preparen as súas roupas, os seus traxes, para participar nas actividades”. A programación, resaltou, está aínda por pechar. Martínez agradeceu “a quenes colaboraron de xeito anónimo e desinteresado con este proxecto, que comezamos dunha maneira un pouco dubidosa, porque non sabiamos o que podía traer. Hoxe é un evento non soamente festivo, senón cultural, de recuperación histórica e da nosa identidade da nosa terra con ultramar, con América”, asegurou.

“MOITAS NOVIDADES”

Pola súa banda, o presidente da Acisa, Francisco Iriarte, resaltou que este ano haberá “moitas novidades” nunha festa que “cada ano é máis importante, a xente agarda por ela. Vemos o interese que esperta tanto en Ribadeo coma nos arredores e incluso fóra de Galicia”, asegura.

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...