InicioOrientalRibadeoLicitados case 7,5 millóns para a mellora de abastecemento en Ribadeo e...

Licitados case 7,5 millóns para a mellora de abastecemento en Ribadeo e Trabada

O obxectivo desta actuación é corrixir a deterioración da rede de abastecemento existente, construída hai 40 anos, así como as avarías e roturas que sofre e que impiden que se poida garantir a cobertura da demanda de auga actual

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta licitou por preto de 7,5 millóns de euros a obra de mellora do abastecemento de auga a Ribadeo e Trabada, co que se beneficiará a unha poboación potencial de preto de 10.000 habitantes dos dous municipios lucenses.

As empresas interesadas en optar a este contrato teñen de prazo ata o día 11 de novembro para presentar as súas ofertas e o prazo de execución previsto é de 15 meses.

O obxectivo desta actuación é corrixir a deterioración da rede de abastecemento existente, construída hai 40 anos, así como as avarías e roturas que sofre e que impiden que se poida garantir a cobertura da demanda de auga actual.

A execución dunha nova rede de abastecemento atravesará ambos os concellos e mellorará a subministración de auga potable na zona, sobre todo no caso de Ribadeo.

A achega da Xunta, a través de Augas de Galicia, será do 80% –con cofinanciamento da UE a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) 2021-2027– mentres o Concello de Ribadeo asumirá o 20% restante. Trabada porá á disposición os terreos necesarios para a execución das obras.

A licitación terá como actuación principal a execución dunha nova condución de 15 quilómetros entre o depósito de Vilarbetote (en Trabada) e o depósito de Loureiro (Ribadeo), a cal discorrerá en paralelo á tubaxe xa existente.

ÚLTIMAS

Rueda acusa a Pontón de criminalizar a Alfonso Villares: “Mandou a tomar vento a súa presunción de inocencia”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reprochou á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,...

ACISA Ribadeo galardoada co premio Nacional de Comercio Interior polo Ministerio de Economía

Acisa Ribadeo foi galardoada co Premio Nacional de Comercio Interior na categoría de Centros...

A Área de Servizos Sociais de Barreiros leva adiante un curso de formación para a inserción laboral

A área de Servizos Sociais do Concello de Barreiros, dirixida pola tenente de alcaldesa...

Campus Mareo Itinerante do Sporting de Gijón en Ribadeo para o 22 de xuño

Ribadeo acollerá do 22 ao 27 de xuño o Campus Mareo Itinerante do Sporting...