InicioOrientalBarreirosDenuncian ante a valedora do Pobo "abandono e degradación" do xacemento prehistórico...

Denuncian ante a valedora do Pobo “abandono e degradación” do xacemento prehistórico de A Roda

Denuncia levada a cabo por Adega e Mariña Patrimonio.

Publicada o

- Advertisement -

A asociación ecoloxista Adega e Mariña Patrimonio denunciaron ante a valedora do Pobo “o abandono e degradación” do xacemento prehistrócio arqueolóxico de A Roda, no municipio de Barreiros.

Ambas as entidades urxen ás administracións a facer unha acción inmediata deste ben patrimonial situado na parroquia de Santiago de Reinante, cuxas estruturas arqueolóxicas están “gravemente degradadas”, con vexetación en zonas como o foso, así como o desprendemento de pedras.

Neste xacemento realizouse en 2006 unha intervención debido á construción da autovía A-8 que pasaba por encima deste espazo, o que levou cambiar o trazado. Os resultados revelaron que o sitio, inicialmente considerado un castro, era posiblemente un recinto prehistórico anterior á época ‘castrexa’, datado ao redor da Idade do Bronce Medio.

“O incumprimento de custodiar e conservar o xacemento arqueolóxico da Roda é inaceptable, tendo en conta que a lexislación sobre o patrimonio cultural obriga aos propietarios dos xacementos a velar pola súa conservación”, afirman. Lembran que xa presentaron en decembro de 2022 unha denuncia ante Patrimonio contra o Ministerio de Transportes como titular dos terreos.

A pesar de ser un xacemento escavado, Adega e Mariña Patrimonio lamentan que “carece dun plan de mantemento e conservación que protexa as súas estruturas arqueolóxicas dos fenómenos ambientais nin dos factores biolóxicos”.

ÚLTIMAS

Acepta prisión por cinco anos logo de ser detido por levar cinco quilos de cocaína no seu coche en Ribadeo

Cinco anos de prisión e unha multa de 1.231.004,71 euros, é a condena que...

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo denuncia que Renfe prioriza Asturias tras os seus cambios internos

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo puxo de manifesto que o principal problema...

Xulgan dúas persoas por un traballador morto tras ser alcanzado por unha barra de ferro en Xove

A causa pola morte dun traballador de 45 anos nun accidente laboral ocorrido en...

Presentado en Burela o Iberdrola Surfing Day

  A Presidenta da Deputación e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participou hoxe na presentación...