InicioOrientalRetoman as manobras para desencallar o buque varado en Ribadeo

Retoman as manobras para desencallar o buque varado en Ribadeo

O armador do 'Albiz' terá que rebaixar a carga en 1.000 toneladas se este segundo intento tamén fracasa.

Publicada o

- Advertisement -

As manobras para tentar desencallar o buque mercante ‘Albiz’, que desde o xoves permanece varado nas augas portuarias de Ribadeo, retomaranse este venres ás 20.00 horas, coincidindo coa pleamar. Segundo informa a Europa Press a Consellería do Mar, neste labor contarase co auxilio de novos remolcadores de maior potencia que os que participaron na tarde do xoves.

Nun principio, barallouse a posibilidade de reducir a carga do mercante, que transportaba troncos de eucalipto. No entanto, ante a “falta de medios a día de hoxe” para facelo, asegura a Consellería, este venres pola tarde volverase a tentar o desencallamiento.

Se esta nova manobra tamén fracasa, o domingo procederase a descargar 1.000 das 3.500 toneladas de mercadoría actual do barco. É unha operación que “xa está apalabrada” por parte do armador, que é o que se debe facer cargo do custo.

En calquera caso, tal e como informa a Xunta, o porto de Ribadeo mantén a súa operatividade “en condicións de normalidade”, é dicir, con luz diúrna e sen vento. De tal forma, xa saíron dous barcos que estaban alí atracados e prevese que este sábado entre outro mercante.

ÚLTIMAS

Raquel Blas: “A Queimada de Cervo naceu nunha formigoneira”

-Como naceu esta queimada popular, cales foron os motivos que tiveron as persoas a...

A Feira de Gando do San Bartolo volve a Penas Agudas o luns 24 de agosto

Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais,...

A Garda Civil comisa 28 quilos de polbo sen trazabilidade na Mariña

A Garda Civil, en colaboración con persoal inspector do Servizo de Gardacostas de Galicia,...

O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable...