InicioOpiniónOPINIÓN: Ribadeo co deporte e a actividade física

OPINIÓN: Ribadeo co deporte e a actividade física

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Ribadeo apoia a campaña “Galiza, un pobo, unha selección”

A actividade física e o deporte deberían acompañar todas as persoas ao longo da vida, non só polo seu compoñente socializador, senón tamén polo beneficio para a saúde e benestar corporal. Os poderes públicos deben promocionar e incentivar a práctica, non só a través dunhas boas intalacións, mais tamén organizando e facendo visíbeis os logros de determinadas persoas despois dun grande esforzo. Non se trata só de facer un recoñecimento público daquelas que lograron marcas ou clasificacións a un alto nivel; trátase tamén de recoñecer o esforzo de persoas e colectivos pola súa perseverancia, ás veces con grandes dificultades, e polo seu labor social.

Un capítulo á parte merece o deporte e a actividade física das mulleres. É evidente que, por moitas razóns, as mulleres participan menos no mundo deportivo. E tamén é evidente que, falando xa do deporte a un certo nivel, o seu esforzo e traballo é menos recoñecido o valorado que o dos homes. Tamén que os investimentos, en xeral, son maiores nos deportes nos que os homes son inmensa maioría. Cómpre ter isto sempre presente para non esquecermos que as mulleres teñen dereito, e precisan, do deporte e a actividade física.

Todo o anterior, porque estes días pasados puidemos admirar no parque de Ribadeo a exposición da Plataforma Vía Galega, GALIZA, UN POBO, UNHA SELECCIÓN, un percorrido visual pola nosa historia deportiva. O Concello de Ribadeo, xunto coa Deputación de Lugo, colaboraron con ela.

Resulta incríbel o grandísimo número de deportistas e equipos galegos que acadaron logros de marcas e clasificacións en torneos e competicións. E, nese sentido, as últimas olimpiadas foron galegas… Por que oficial e internacionalmente non podemos competir como galegas e galegos? Incluso neste campo, que ten unha dimensión simbólica de grupo, de procedencia, de identidade nacional, non podemos mostrar quen somos? Niso insiste esta exposición, e na constatación do anhelo sentido e mostrado polo Povo Galego de ter seleccións propias.

Ribadeo é terra de deportistas. Basta lembrar os logros constantes de persoas anónimas e doutras que xa son coñecidas publicamente en moitos deportes (remo, fútbol, ximnasia rítmica, atletismo…). Ese é o resultado da aposta polo deporte de base que tivo, e ten, o Equipo de Goberno do BNG durante varios mandatos. Todas esas persoas merecen recoñecimento; tamén institucional, como se ten feito desde o Concello de Ribadeo. E todas elas e eles merecen tamén o esforzo que o Concello e a sociedade fai para que a práctica do deporte sexa en condicións dignas.

ÚLTIMAS

Óscar López, ‘Costeira’: “A romaría do Bispo Santo é a festa máis antiga de Foz”

-A Romaría do Bispo Santo ten unha longa tradición? Segundo algúns manuscritos este 2024 a...

Foz adxudica a CK Senior Gestion o contrato da residencia e centro de día

O Concello de Foz vén de adxudicar á empresa CK SENIOR GESTION SL o...

Eleccións á presidencia do Ribadeo FC: abre o prazo para presentar candidaturas

O Ribadeo Fútbol Club convoca eleccións á presidencia da entidade e o prazo...

Barreiros realizará a Orla da Escola Infantil coa fotógrafa Natalia Blanco

O Concello de Barreiros vén de anunciar que contará coa fotógrafa local Natalia Blanco,...