InicioOpiniónOPINIÓN: Feijóo I "El Embaucador"

OPINIÓN: Feijóo I “El Embaucador”

O concelleiro do BNG en Xove, Carlos Fernández Louzao, recrimina a Feijóo ter embaucado á xente da comarca coa instalación de Altri.

Publicada o

- Advertisement -

Carlos Fernández Louzao. Concelleiro do BNG Xove

Recoñezo que eu fun un deles, eu fun un dos embaucados por Feijoó. Unha planta de fibra textil de eucalipto en plena plantación de eucalipto, porque non? Nun lugar onde unha gran industria ía pechar (e aínda non se sabe se pecha ou non), onde existe solo industrial de sobra, porque non? Porque non se podería poñer esa industria na Mariña?

Si, fun embaucado, aínda sabendo que o número de traballos ofertados coincidía sospeitosamente co número de despidos anunciados por Alcoa. Aínda así, fun embaucado.

Despois de ver como a planta de Altri marcha cara Palas de Rei, non só fun embaucado, fun traizoado, por Feijoó, por Balseiro, por Elena Candia e por todos e cada un dos representantes que ten o PP na Mariña.

A ver se imos aprendendo algo e, nas vindeiras eleccións, temos máis memoria e sabemos recoñecer a quen traizoa os intereses dos e das mariñás.

ÚLTIMAS

Óscar López, ‘Costeira’: “A romaría do Bispo Santo é a festa máis antiga de Foz”

-A Romaría do Bispo Santo ten unha longa tradición? Segundo algúns manuscritos este 2024 a...

Foz adxudica a CK Senior Gestion o contrato da residencia e centro de día

O Concello de Foz vén de adxudicar á empresa CK SENIOR GESTION SL o...

Eleccións á presidencia do Ribadeo FC: abre o prazo para presentar candidaturas

O Ribadeo Fútbol Club convoca eleccións á presidencia da entidade e o prazo...

Barreiros realizará a Orla da Escola Infantil coa fotógrafa Natalia Blanco

O Concello de Barreiros vén de anunciar que contará coa fotógrafa local Natalia Blanco,...