César Mogo, senador por Lugo do PSdeG-PSOE
O PP segue sumando incongruencias ás súas actuacións no Senado e leva unha semana batendo marcas.
Neste caso atribuíndome o que nunca dixen en relación co debate sobre as medidas de seguridade no Fiouco na Comisión de Transportes. En concreto, manifestei que o PP rexeitou un acordo que eu propuxen para que o Goberno axilizase a instalación do balizamento láser no Fiouco. Esa era a emenda do Grupo Socialista que eu defendín e que o Grupo Popular rexeitou, nada dixen dos seus acordos co Bloque Nacionalista Galego nin do resultado da votación que, por certo, foi dado a coñecer polo propio PP.
O PP poida que non estea satisfeito da repercusión pública do debate na Comisión de Transportes, pero iso non lles concede dereito a culpar sobre isto a quen, como é o meu caso, non ten nada que ver coa súa frustración. Entendo que aos senadores do PP lles molesten as miñas afirmacións sobre as medidas adoptadas polo goberno socialista que se concretan nunha operatividade da A8 superior ao 99%, a pasividade do goberno de Rajoy (baixo cuxo mandato o porto se pechaba centos de horas cada ano) ou as opinións contraditorias segundo veñan duns ou doutros membros dese partido sobre as néboas no Fiouco, pero é a verdade e non van conseguir que se deixe de dicila.
Que se enreden eles sós é o seu problema, pero, polo menos, que non queiran enredarnos aos demais.
