InicioOpiniónOPINIÓN: Un mundo mellor é posible

OPINIÓN: Un mundo mellor é posible

Publicada o

- Advertisement -

Carmen Cruzado, xornalista e presidenta de ACISA Ribadeo

Remata un ano moi cru e triste en moitos puntos do planeta, con milleiros de mortos inocentes. Qué mágoa de cabezas pensantes!!! Qué mágoa que non sexan capaces de rematar coas guerras dunha vez por todas!!! Igual non é unha cuestión prioritaria porque igual hai moitos intereses detrás.

Por diante temos 365 días para seguir escribindo a historia deste mundo. Agardo que sexan tempos mellores e que as vindeiras xeracións lean e escoiten dentro duns anos que no 2026 acabaron as guerras; que as cociñas económicas e os bancos de alimentos pecharon as súas portas por que a fame e as necesidades económicas xa pasaron; que se incrementaron os investimentos na mellora das infraestruturas, na investigación, na sanidade e na educación públicas; que nos tratamos de igual a igual sen importar o lugar de procedencia; que se ocuparon todos os empregos ofertados; e que desapareceron o egoísmo, a confrontación, a crispación, o odio e a polarización.

Oxalá o 2026 sexa o ano da tranquilidade, da sensatez, dos pensamentos positivos, do diálogo e da empatía. Un mundo mellor é posible, pero todas e todos debemos poñer da nosa parte para conseguilo. O 2025 non me gustou nada, agardo que o novo ano sexa diferente e bo, e que reparta moita saúde e paz. Feliz 2026!!!

ÚLTIMAS

“Desleixo extremo” e risco para a seguridade na residencia de Mondoñedo xestionada por Mensajeros de la Paz

O sindicato CCOO sinala nun comunicado que o persoal e familiares da residencia de maiores de...

Fundación Expomar e Xunta de Galicia renovan vías de colaboración para impulsar iniciativas de promoción

A Fundación levará a cabo diferentes accións de promoción, divulgación e dinamización do sector...

Ribadeo celebrará o Entroido repartindo máis de 6.000 euros en premios no desfile do 17 febreiro

A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, explica que “vimos de presentar o...

Ribadeo reclama ao Goberno o segundo acceso á A-8 e a iluminación das rotondas

O Concello demándalle ao Goberno do Estado melloras en diversas infraestruturas e reivindica unha...