InicioOpiniónOPINIÓN: Ribadeo Avanza!

OPINIÓN: Ribadeo Avanza!

Publicada o

- Advertisement -

Grupo Municipal Popular de Ribadeo

Seguimos traballando no mantenemento e en moitos casos na total recuperación, neste caso, dos espazos naturais, xa que, como non podía ser doutra maneira, tamén os atopamos absolutamente abandoados. Canto orzamento se houbera aforrado se durante dezaséis anos houberan recibido só un pouco de coidado… foi tanta a deixadez que agora necesitan de moita inversión para recuperalos.


O miradoiro que inauguramos fai só uns días era un lugar onde había un contador de luz colocado de calquera xeito, era un espazo onde aparcaban coches e autocaravanas a diario… menos mal que quenes nos gobernaron durante preto de vinte anos eran inimigos dos “feismos paisaxísticos”…


Convertímolo nun espazo agradable, eliminando coches e por suposto autocaravanas. Un miradoiro construído con materiais naturais que conviven co entorno, un espazo relaxante e de descanso en convivencia co medioambiente e dende onde se pode contemplar a Ría. Continuamos na línea do anterior miradoiro inaugurado fai un ano aproximadamente pero cun mantenemento constante porque se trata diso. Non se pode estar invertindo orzamento público en inaugurar espazos se despóis se deixan morrer de noxo e se convirten en auténticas ratoeiras e depósitos de lixo. É IMPORTANTE INVESTIR PERO MOITO MÁIS IMPORTANTE E UN BO MANTENEMENTO!


Queda moito por facer e a nós gustaríanos ir moito máis rápido pero non se pode. En pouco máis de dous anos xa se fixo moito.


Invertiuse no Forte de San Damián e no Cargadeiro, no entorno de Illa Pancha retirouse moito lixo e escombro de formigón… ata rodas de camión había alí! Adecentouse e agora vamos intentar construír un miradoiro e darlle un valor engadido. Nas praias tamén actuamos, xa no primeiro ano, incluíndo a praia de As Catedrais.


En Santa Cruz o mesmo. Un espazo que durante moitos anos era un atractivo turístico, foi completamente abandoado. Fíxose un mantenemento de todas as especies, podando, desmestando e retirando algunha que alí non tiña ningún tipo de sentido, agora estamos arranxando o miradoiro e próximamente actuarase no alumeado da área recreativa. Pouco a pouco tamén ímos mellorando este espazo. Invertíronse 800mil€ en todo o paseo das Aceas dende a Vilavella e rodeando a Ría. 1,5km máis de paseo. En Cabanela fíxose unha limpeza profunda de desbroce, retirada de árbores vellas e lixo que non había pouco!! Actuouse dende a fonde de Guimarán ata á Capela de San Miguel e seguiremos, que aínda non se rematou. Unha vez máis INVERTIR E CONSERVAR!!


Invertirmos nas áreas recreativas das parroquias como é o caso da área recreativa de San Roque que esa sí que daba pena, por non conservala, permitiuse dende o Concello pechala con pastor e meter alí vacas a pacer…!!! Eses que agora venen dando leccións non sabemos de qué, permitiron que as vacas comeran nas mesas da área recreativa!! Así estaba todo… parrillas e mesas absolutamente destrozadas…


Xa están arranxadas e pouco a pouco iremos arranxando o que queda, no rural e en Ribadeo. Somos o Concello que máis Fondos Europeos xestionou e pouco a pouco, entre todos, teremos o Ribadeo que desexamos.

ÚLTIMAS

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...

O BNG denuncia que A Mariña non conta con Grupo de Emerxencias Supramunicipais

O pasado 24 de febreiro, o pleno da Deputación Provincial aprobou por unanimidade e...