InicioOpiniónOPINIÓN: A quen pretenden enganar?

OPINIÓN: A quen pretenden enganar?

Publicada o

- Advertisement -

Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo

Neste 2025 celebrarase o décimo aniversario do Ribadeo Indiano. Naceu gracias a unhas persoas que, de maneira altruísta traballaron arreo, pasiño a pasiño, para que este evento festivo pero dende logo cun gran peso cultural, no que se homenaxea á emigración e a todos eses homes e mulleres que un día tiveron que deixar a súa terra e emigrar na procura de novas oportunidades, teña a magnitude de hoxe en día. Por iso consideramos que o Ribadeo Indiano non é de ninguén pero é de todos. O Ribadeo Indiano é do pobo de Ribadeo e dos ribadenses. E por iso, tamén creemos que todas as administracións deben colaborar.

E con qué nos atopamos neste décimo aniversario? Pois cun profundo AGRADECEMENTO ó Bng de Ribadeo que, unha vez máis, motivado polas cores políticas, pediu ós seus compañeiros da Deputación na área de Cultura que nos retirara o Convenio de 20.000€ que lle viña dando ó Concello de Ribadeo para o Ribadeo Indiano. Moi satisfeito se mostraba o portavoz do Bng no último pleno ordinario, anunciando a retirada deste Convenio ó Concello. VER PARA CREER!! Normalmente, entendemos que un concelleiro se sinta orgulloso cando trae inversión, pero certo é que o portavoz do Bng inversión non trae ningunha, así que dentro dese “amor profundo” a Ribadeo, no canto de traballar para incrementar a contía, enorgullécese de que quiten a que daban.

Nós non temos ningún problema en que a Deputación axude a entidades, de feito, xa ía sendo hora de que despertaran dese sono profundo no que vivían, pero quitarlle un Convenio a unha institución para utilizar políticamente unha entidade, é A PRIMEIRA VEZ NA HISTORIA!!

Moito intentaron desprestixiar á Xunta de Galicia porque non daba chegado o Convenio de 80.000€, pero como chegaron 100.000€ no canto de 80.000€ non se lles ocorreu outra maneira de facer oposición, que intervir para que a Deputación retirase esa aportación de 20.000€ que lle daba ó Concello.

En fin, están máis perdidos do que aparentan… Sigan así, poñendo paus nas rodas, que o pobo de Ribadeo estarelles profundamente agradecido.

ÚLTIMAS

Rubén García: “O dano na Faba de Lourenzá en Trabada foi moi alto, como outros lugares”

-Os problemas que sufriron os agricultores que sementaron Faba de Lourenzá en Trabada, foron...

Mellora nos parques de Alfoz e as súas zonas verdes

O Concello de Alfoz vén de poñer en marcha un proxecto de mellora e...

Barreiros recolle un remolque para a atención a emerxencias para Protección Civil

Representantes da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Barreiros, Agustín Rodríguez e Nita...

Obras en Foz para un novo acceso ao estacionamento das Torres

O Concello de Foz iniciou as obras para a construción dun novo vial que...