InicioPolíticaO BNG lamenta que o Goberno non contemple aínda a intervención Alcoa

O BNG lamenta que o Goberno non contemple aínda a intervención Alcoa

"A empresa leva moito tempo en crise e o aluminio é un sector estratéxico para Galicia. É a única planta de aluminio primario que queda no Estado", remarcan desde o BNG

Publicada o

- Advertisement -

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, lamentou a falta de compromiso do Goberno do Estado a respecto da posible intervención pública da fábrica de Alcoa na Mariña.

Por iso, o BNG reclama á secretaria de Estado de Industria, Rebeca Torró, que Goberno e Xunta de Galicia “teñan a total disposición para a intervención pública”, tal e como ocorreu con Telefónica ou Celsa, para “garantir a continuidade dos postos de traballo e a actividade nun sector estratéxico para a comarca da Mariña e para o resto do Estado”.

“A empresa leva moito tempo en crise e o aluminio é un sector estratéxico para Galicia. É a única planta de aluminio primario que queda no Estado”, remarcan.

Néstor Rego lamentou que “nin o Goberno español nin a Xunta estea a vixiar” para que a empresa cumpra o acordado. Así, lembra que Alcoa, tras diversas vicisitudes, cambiou a folla de roteiro e acaba de pechar un acordo con Ignis por 100 millóns de euros.

Fronte a esta “incerteza” que “Goberno e Xunta prolongan”, o BNG reclama que “haxa total disposición de ambas as administracións para a intervención pública”.

Censuran que a resposta da secretaria de Estado de Industria focalizouse en dicir que estaban “a explorar varias ferramentas e solucións e que esta sairía do consenso entre empresa, traballadores e administracións”.

“Xa non cremos nas solucións que xa no seu día puxéronse encima da mesa e non garantiron a continuidade da actividade nin dos postos de traballo”, recriminou Rego.

ÚLTIMAS

“Desleixo extremo” e risco para a seguridade na residencia de Mondoñedo xestionada por Mensajeros de la Paz

O sindicato CCOO sinala nun comunicado que o persoal e familiares da residencia de maiores de...

Fundación Expomar e Xunta de Galicia renovan vías de colaboración para impulsar iniciativas de promoción

A Fundación levará a cabo diferentes accións de promoción, divulgación e dinamización do sector...

Ribadeo celebrará o Entroido repartindo máis de 6.000 euros en premios no desfile do 17 febreiro

A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, explica que “vimos de presentar o...

Ribadeo reclama ao Goberno o segundo acceso á A-8 e a iluminación das rotondas

O Concello demándalle ao Goberno do Estado melloras en diversas infraestruturas e reivindica unha...