InicioOpiniónOPINIÓN: O ‘mito da avestruz’ e Cajoto

OPINIÓN: O ‘mito da avestruz’ e Cajoto

Publicada o

- Advertisement -

Javier Castiñeira. Portavoz do PP no Concello de Foz

Todo o mundo coñece ese mito de que as avestruces cando teñen algún tipo de medo ou perigo meten a cabeza debaixo da terra. Se eu non vexo, a min non me ven. A idea é deixar pasar o tempo a ver se se soluciona o problema.

Esta é unha actitude clara do señor Cajoto nestes últimos cinco anos. Foron, son e serán moitos os expedientes que demostran esa actitude de covardía ante as situacións complexas. Outra idea que segue o señor Cajoto é a de botarlle a culpa aos demais ou deixar que outros resolvan.

Estamos a vivir en Foz unha situación de parálise absoluta na que o máximo responsable é o alcalde, o señor Cajoto. Se as cousas lle van mal cos seus socios de goberno, parece ser que, neste caso, a culpa é do BNG. Se as cousas lle van mal cos hostaleiros, porque non conta para nada con eles á hora de lexislar, parece ser que a culpa é dos hostaleiros ou, como di sempre, do Partido Popular.

Se os veciños protestan pola suba dos impostos e taxas municipais (auga, contribución, recollida do lixo…), o señor Cajoto mete a cabeza debaixo da terra, pensa que soluciona todo, e a culpa, loxicamente, bótalla ao Partido Popular ou a calquera outro menos a el. Se hai problemas na residencia, Cajoto volve a meter a cabeza debaixo da terra, como fai a avestruz, e, novamente, culpa a todo o mundo: aos usuarios, á Plataforma, á Xunta de Galicia, ao Partido Popular e, incluso, aos seus propios socios de goberno.

E, agora, nun asunto que é grave porque hai moita xente preocupada como é o tema do tráfico, o señor alcalde volve a meter a cabeza debaixo da terra e, neste caso, evidentemente, botándolle a culpa ao Partido Popular, respaldándose no Plan de Mobilidade, un documento técnico que encargou el mesmo e que, en base a iso, pode tomar as decisións que a el lle apeteza sen consensuar absolutamente nada con ninguén, nin cos grupos políticos nin con afectados nin con veciños nin con empresas.

Esta actitude está a ser moi lesiva para o Concello de Foz porque se están facendo cousas que, verdadeiramente, non están a funcionar e están prexudicando a moita xente. E o máximo responsable o que fai é culpar aos demais, meter a cabeza debaixo da terra e esperar a que pasen os problemas.

Ese mito din que, efectivamente, non existe, é dicir, que as avestruces non meten a cabeza debaixo da terra ante situacións críticas. Polo tanto, o único “ser” que mete a cabeza debaixo da terra para evitar problemas pois, neste caso, é o alcalde de Foz.

Polo tanto, desde o Partido Popular o que lle pedimos é que intente afrontar a realidade e, sobre todo, o máis sinxelo: que escoite aos seus veciños aínda que ás veces non guste o que opinen.

En definitiva, dicímoslle ao señor Cajoto que quite a cabeza de debaixo da terra e que escoite aos cidadáns porque, neste caso, en Foz están moi cabreados polo tema do tráfico. Esperemos que non suceda o mesmo que na residencia e que isto non se volva un bucle que despois non teña solución.

ÚLTIMAS

“Desleixo extremo” e risco para a seguridade na residencia de Mondoñedo xestionada por Mensajeros de la Paz

O sindicato CCOO sinala nun comunicado que o persoal e familiares da residencia de maiores de...

Fundación Expomar e Xunta de Galicia renovan vías de colaboración para impulsar iniciativas de promoción

A Fundación levará a cabo diferentes accións de promoción, divulgación e dinamización do sector...

Ribadeo celebrará o Entroido repartindo máis de 6.000 euros en premios no desfile do 17 febreiro

A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, explica que “vimos de presentar o...

Ribadeo reclama ao Goberno o segundo acceso á A-8 e a iluminación das rotondas

O Concello demándalle ao Goberno do Estado melloras en diversas infraestruturas e reivindica unha...